Elvina: 88 anos de vitalidade

1 Set
Que sería de Galicia sen a súa xente? Que sería da nosa terra sen esas mans fortes, traballadoras, abnegadas e incansables que a traballaron?
Como son de aldea, sei o que é traballar coas mans, o que doen os cadrís cando un se abaixa para sachar, coller as patacas ou apañar a herba. E como sei que non é un traballo recoñecido, velaquí a miña pequena homenaxe a toda esta xente. É a miña veciña Elvina, ten 88 anos e unha vitalidade envexable. Ela simboliza coma ninguén o que é o pobo galego, o seu esforzo e amor pola terra. Nai de tres fillos, avoa de seis netos e bisvoa de dous bisnetos, aí segue co seu sacho, coma o primeiro día.
Esta foto saqueilla un sábado ás 2 da tarde, baixo un sol de xustiza. Collía patacas mentres limpaba a terra de grandes herbas. Non coñece o descanso: limpa a casa, colle herba, muxe as vacas, atende as galiñas… 88 anos, quen o diría. Saqueille as fotos a escondidas, mentres me comentaba, mirando para un lado e outro da viña baixo a que traballaba, que perdera o fouciño. Que non sabía onde o metera e que xa era a segunda vez que se perdía. Tiña claro que ninguén llo roubara: “quen ía querer un fouciño hoxe en día?”, espetoume. “Bueno, xa aparecerá”, acabou concluíndo mentres a chamaban da casa para ir comer. Moveuse pouco a pouco a un lado da viña na busca do seu bastón -”este polo menos non o perdín”- e foi camiño arriba, pequena e forte, dura e temperamental. Porque as mulleres galegas ademais de levar a casa e de administrar os cartos sempre foron as donas do campo galego.
E a aí segue, encorvada polos anos e o traballo, pero querendo dar o máximo posible para os que veñen detrás, para súa filla Esther e as súas netas. Creo que non hai amor máis grande ca ese nin sacrificio maior pola terra.
elvina1
elvina2elvina3

Etiquetas:, , , , , , , , , , ,

2 Respostas a “Elvina: 88 anos de vitalidade”

  1. manueldominguez 09/02/2009 ás 05:52 #

    n estas fotografias se expresa o sacrificio, as penas de un pais, de unha terra, o door das mulleres galegas que quitaron a casa a diante, na soledade, excelemtes e dolorosas, gracias

  2. mdominguez 06/09/2010 ás 06:43 #

    para comparar, a veces sento asco de min , ainda que sea so sair a rua e desfacer este sistema para das cenizas nacer oitro , da noxo.- ribeira.eu

    http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/belen-esteban-ganara-un-mes-zapatero-doce/idNoticia-556071/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.