Unha pena que as bonitas casas antigas se vexas moitas veces así: caendo a cachos e nun estado lamentable. Por que non ninguén se encarga de que as arranxen? É mellor seguir construíndo urbanizacións?
Abandono en Rianxo
28 Nov- Comentarios 2 Comentarios
- Categorías edificios, Rianxo
- Autor fotosderianxo
2 Respostas a “Abandono en Rianxo”
Deixar unha resposta Cancelar a resposta
Visitas
- 57,732 persoas deixáronse caer por aquí
Comentarios
- Ramona Fdez on II Macro-recital ao son das letras vivas
- Ramona Fdez on II Macro-recital ao son das letras vivas
- Graciela on II Macro-recital ao son das letras vivas
- Graciela on Quen será, será?
- sonia on A banda da Escola de Música de Rianxo cumpre 10 anos
- Fotos do XI Autocross O Castro de Taragoña fotosderianxo.com/2013/05/20/fot… 16 hours ago
- A empanada, o bocadillo e o bolo preñado máis grandes do mundo saíron do Araño ir.gl/empanada #Rianxo 1 day ago
- 50 rapsodas de escritor@s viv@s galeg@s m.facebook.com/l.php?u=http%3… 2 days ago
- No Autocross de Taragoña 2 days ago
- @AnaNoya10 así calquera. Hay que ter contactos :-) 3 days ago
Categorías
As miñas fotos en Flickr
|






Iso tamén me pregunto eu moitas veces. Pero en canto te enteras dos procesos das herdanzas aquí, de herdeiros emigrados, de fillos, sobriños e netos pelexados, de propiedades que non teñen papeis en regla, da burocracia polo medio… é mellor non preguntar!
Eu prefiro pensar que estas casas son como esqueletes que nos aprenden o resultado do esquecemento e do abandono, tanto en nós mesmos (nos nosos corpos) como na paisaxe en xeral. Tamén teñen algo positivo: valen de contraste para saber o que se fai agora en arquitectura e construcción e o que se facía antes.
Encántame o teu blog, ademais de boas fotografías véseche unha sensibilidade especial co que retratas. Segue así!
Graciñas polo teu comentario, Alfonso. O certo é que realmente non me parara a pensar todo o que hai detrás deses edificios abandonados e dos líos que moitas veces hai nas familias co tema da herdanza. Realmente o que penso é que é unha pena, que xa me gustaría ter a min unha así.
E tes toda a razón, está moi ben ver ese contraste arquitectónico entreo que se fai agora e o que se facía antes. Perdeuse ese encanto e ese toque persoal e familiar dos fogares para tirar cara un modelo máis impersoal e no que un non sabe nin o veciño que ten ao lado.