Xogos de mans coas entradas para ver ao mago Alan Golías

20 Nov

Estou un pouco indignado cun espectáculo que se celebraba esta noite no Auditorio de Rianxo. O mago Alan Golías ofrecía un show que mesturaba maxia, música e unha posta en escena diferente e prometedora.

O caso, é que como viña na web do Concello, as entradas había que retiralas unha hora antes.

Vamos, que unha hora antes, ás 19:30 horas alí estabamos a miña moza máis eu para collermos entradas. E que pasou? Si, si, acertáchedes: non había. Sorprende verdade? Nin máis nin menos que 300 asentos ten o auditorio de Rianxo. Pura maxia antes do espectáculo. O caso é que nos dixeron que volvésemos ás 20:30 horas por se alguén devolvía a súa entrada ou quedaban prazas libres no auditorio.

Así que pelín cabreados dedicimos regresar unha hora despois para ver se había sorte. Pola cabeza pasábansenos dúas alternativas pola cabeza: ou ben comezaron a repartir as entradas antes ou ben os organizadores as colleron e por detrás as deron ao seu antollo.

Total, que ás 20:20 horas volvemos. Na entrada había moitísima xente, a maioría tamén co noso mesmo problema: non tiña entrada. Unha destas persoas, coñecida miña, comentoume que ela e un grupo de persoas foron coller as entradas ás 19:00 horas, pero lles dixeron que non, que ata dentro de media hora non as daban. E cando chegaron, ás 19:35 non había.

Así pois, queda claro que dende a organización se quedaron coa maioría das entradas e para os que fomos retirar coa idea de ver o espectáculo indo coller as nosas á súa hora quedaron catro tickets contados. Eu entendo que a xente que fai o espectáculo teña para a súa familia e amigos. Pero vexamos, o show fórmamo 13 persoas (entre técnicos, músicos, actores e mago), así que se cada un leva para a casa 10 entradas, hai que descontar 130 prazas no auditorio. Pero faltan outras 170. Iso é un xogo de mans, e o resto son parvadas.

Actualización: agradezo aos de Certo.es que difundisen este tema no seu web. Tamén escribín a La Voz, El Correo Gallego e Diario de Arousa sobre este tema. Tamén lles enviei un correo á xente do Concello amosando o meu malestar sobre este tema e déixovos aquí os correos por se queredes facer o mesmo: auditorio@rianxo.com e cultura@rianxo.com

About these ads

3 Respostas to “Xogos de mans coas entradas para ver ao mago Alan Golías”

  1. txorima 11/21/2010 at 13:40 #

    Eu xa cho diiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiixen, iso ta mañaaaaaaaaaaaaaaaaadoooooooooooooooo
    pero ti non me fas casoooooooooooooooooo
    jajajajaa

  2. eumesmo 11/22/2010 at 13:01 #

    O tema das entradas si que foi “un pouco” caótico, pois por un lado ós que actuaban solo lles daban 8 por persoa e non tiñan opción de reserbar mais para os seus familiares, polo que para un estreo xa me parece pouco ¡solo 8! pois entre pai, nai, irmans, avos, xa cubren case as 8 e realmente non teñen marxen de que os amigos vaian cas suas entradas.
    Por outro lado, a organización (concello) facianche ir unha hora antes, (non lles valía como noutros casos, que as foron repartindo durante a semana, se fixeran así a xente que estaba interesada xa podía telas collidas antes e non tiñan que ir ás carreiras para as 7:30) e o peor de todo foi o detalle ese, pois parece ser que houbo xente que foi ás 6,ou ás 6:30 ou ás 7 e non daban as entradas aínda eso si, ás 7:30 eu collín 2 das 5 ultimas entradas!!!!!
    Despois de estar toda a semana avisando que tiñas que ir a partir das 7:30 e resulta que xente que foi ás 6:50 non llas deron, pero cando volveu ás 7:32 (como vin casos) xa non había entradas!!!

    PD: O do reparto está moi mal e teñen que mirar de amañalo.
    Por un lado, a xente que quería ir, seguramente prefería que lle dixeran a golpe de mercores (ou outro día calquera) que non tiña sitio, que non o que pasou, que había xente planeando de ir alí (acabar de traballar e vir ata rianxo aproposito, cambiarse, peluquería,….) e chega a rianxo ás 7:32 e estaba sen entradas!!!
    E por outro lado, que tamén vexo unha tontería do de que sexa unha hora antes, pois olvidandose de que se acabaran as entradas, para que carallo tes que ir unha hora antes e ter que esperar alí coma un parvo durante unha hora, non valería a pena abrir as portas ás 8 e dar as entradas, así xa ivas unha sola vez!!

  3. tito 11/22/2010 at 13:23 #

    Pero si se via vir, eu fun co meu fillo e pasounos igual, pero eu xa fun preparando o asunto co rapaz antes chegar. Pero non me extraña ca xente que teñen “ali traballando fillas de” Si cobraran entrada como dios manda xa verias como non pasaba nada de esto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 418 segidores

%d bloggers like this: