A diferenza doutros anos, nos que Rianxolandia e a festa da escuma se celebraba coincidindo co último día das celebracións, o venres, desta vez, por mor do recorte dun día, a cousa pasou ao sábado. E aínda que a xornada amenceu gris e con algún que outro chuvasco, ao final animouse un montón de xente.
Se por algún casual saquei a túa foto aquí e che gustaría tela en calidade grande ou ben queres que a retire porque non che fai graza que a publique, escríbeme a oscar.reboiras@gmail.com
Isto de meterse coas gafas non sei eu se é moi bo
Velaquí os bombeiros en acción e un feixe de xente con ganas de auga:
Hai que ter coidado coa escuma porque pica, e senón que llo digan a este rapaz:
Durante a festa detectouse algún submarino co periscopio levantado:
Iso si, houbo quen foi voluntariamente á festa e houbo a quen tiveron que obrigar a desfrutar da escuma
Iso si, aos rapaces como que lles soubo a pouco e se vían apenados cando os operarios comezaban a limpar:
Da celebración vou destacar algunhas anécdotas. A primeira é que mentres ducias de mozos e non tan mozos se mollaban na escuma, había quen pasaba de refilón por alí para casar:
E tamén había quen quería tomar algo no Guadalupe mentres desfrutaba da sesión vermú e vese que debía levar zapatos novos que intentaban evitar o contacto coa escuma:
Por último, un espontáneo que se subiu durante a sesión vermú ao palco da orquestra Océano e que non tivo máis ocorrencia que… baixar completamente os pantalóns!! E si, eran as dúas e pico do mediodía, non da noite :O

Etiquetas:festa da escuma, festas da guadalupe de rianxo 2011, fotos das festas da guadalupe 2011, fotos de Rianxo






























As da Guadalupe de Rianxo, son as millores festas do mundo, donde pequenos e mayores disfrutan a tope de todo e con todo