Sheila Reboiras, escaparatista

15 Feb

Hoxe quería deixarvos unha pequena entrevista que lle fan no xornal De Luns a Venres a unha rianxeira que traballa en Barcelona de escaparatista, para a firma McGregor. Chámase Sheila Reboiras e é do Araño. Algúns xa a coñeceredes, e outros non. A todo isto, é a miña irmá :)

Xa postos, déixovos un extra. Como na prensa escrita, por mor do espazo, nunca pode ir a entrevista completa, velaquí a tedes:

- Un sinónimo de Galicia?
Feiticeira.

- Que quería ser de pequena?
Un pouquiño de todo, perruqueira, xeóloga, profesora, enfermeira, carpinteira, xardiñeira… En fin, a dicir verdade, aínda me gustaría ser de todo iso un pouco.

- Un lema a seguir na vida?
Busca o lado positivo das cousas e SORRÍE sempre ao teu presente.

- A súa comida favorita?
Ummm… Unha pregunta bastante complicada porque me gusta todo. Si teño que elixir quédome co marisco e coas verduras da horta da miña nai.

- Unha paixón?
A arte, como disciplina e como forma de vivir, ilusionarse e sentirse presente en cada paso que damos.

- Un lugar especial?
Calquera recunchiño da miña aldea. Podería describir centos de aventuras e historias; ningún lugar me transmite máis alegría e recordos que a miña aldea, o lugar da miña infancia.

- Cales son as claves para ser unha boa escaparatista? 
Primeiro debemos coñecer moi ben a marca para a que traballamos para poder comunicar o que esta quere transmitir, e ser consciente de cal é o obxectivo final. E despois baséaase na posesión dunha boa dose de creatividade, gusto, orixinalidade e dimensión espacial. Tamén é moi importante a capacidade de improvisación, de ser resolutivo e mañoso.
Se teño que destacar un escaparatista menciono sen dúbida a Antonio Montouto, escaparatista dunha das tendas máis coñecidas de toda Barcelona. Realiza auténticas obras de arte compoñendo de maneira poética obxectos propios da tenda e convidando á libre interpretación das mesmas.

- Que se leva neste eido?
Cada vez mais os escaparates estanse volvendo mais minimalistas, trabállase unha idea, nun concepto e exhíbese o producto de maneira mais clara, limpa e sutil. Aínda que debemos mencionar que cada vez deséñanse mais tendas abertas, sen escaparates. O interior de tenda, é dicir, todo o visual merchandasing convértese no propio escaparate da mesma. Tamén é importante destacar as tecnoloxías, que están a ser un punto clave na actualidade e que cada vez nos invaden con mais forza.

- Hai algún negocio que sexa un referente polos seus escaparates?
Hai moitos, sen ir máis lonxe temos o caso de Zara, que comezou a coñecerse grazas aos seus escaparates nos que se ofrecía e segue a ofrecer ese carácter de luxo a un prezo asequible. Os meus favoritos son Vinçon, Hermès, Louis Vuitton, Tiffany & Co, o centro comercial Bergdorf-Goodman de NY entre outros.

- Ten saída profesional esta profesión en plena crise?
Sen dubida que si. Máis ca nunca necesítase potenciar as vendas, que a xente se anime e ilusione, e o primeiro vendedor co que nos atopamos pola rúa é o escaparate; éste é o primeiro contacto co interior da tenda. Igual ca nunha relación de parella, se nos gusta e atrae o exterior, xa temos un motivo polo que entrar dentro, temos a necesidade e curiosidade de coñecer o que se esconde no seu interior. Ademais en momentos de crise é cando máis hai que traballar, é o mellor momento para construír e innovar, para crear soños, ilusións e experiencias novas.

About these ads

Unha resposta to “Sheila Reboiras, escaparatista”

  1. maría 05/16/2012 at 23:52 #

    moi boas!
    menuda sorpresa acabo de levar saber de Sheila e por medio túa, ela é da miña xeneración!
    jajaja! que bo saber que está triunfando pola vida, moi ben!
    non mo imaxinaria nunca que que fose escaparatista, pero polo que podo extraer desta entrevista creo que debe estar vivindo un soño, que o sabe disfrutar con xeito, e camiñar a traballar asi, da man da creatividade levará lonxe e é un gran luxo nestes tempos. pois orgullosa me sinto de tela coñecida e pasar con ela algunas tarde de xogo na súa aldea querida! demostra sequir sendo aquela rapaza sencilla e boa que disfrutaba das tardes tranquilas e divertidas con Vane e conmigo! jajaj! ainda que a imaxe que gardo dela é como sempre observando ao seu redor… mira ti eh! PARABÉNS SHEILA, e parabéns á sua familia, un orgullo dende logo!
    apertas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 418 segidores

%d bloggers like this: