Info

Este é un blog de Rianxo, sobre Rianxo e para os rianxeiros.

En fotosderianxo.com o que busco é ir recompilando os pequenos recunchos do noso concello, dar a coñecer as nosas praias, igrexas capelas, postas de sol, montes, os seus habitantes… Para quen non coñeza este concello e para quen o queira redescubrir. Porque moitas veces non somos conscientes de todo o que se agocha ao noso carón, dos lugares marabillosos que temos ao lado da nosa casa ou das fermosas historias que nos podería comentar un veciño noso.

É unha bitácora feita con todo o respecto polo lugar no que nacín e polas xentes que habitan nel, o que non quita que tamén trate temas de actualidade, polémicas e asuntos que se tratan nas rúas de Rianxo. A miña cámara e máis eu iremos dando conta do que poidamos con regularidade, sen présa, pero sen pausa.

Tes algunha idea para o blog?

Se te preguntastes como é posible que aínda non fotografara ese lugar que queda preto da túa casa e que ten moito encanto, avísame e, cando teña un oco, pasareime por alí.

Do mesmo xeito, se coñeces a alguén interesante que puidera entrevistar, a unha persoa con mil e unha historias que contar, se pertences a unha asociación, a un grupo de teatro ou de música, se tes un oficio ou un hobby diferente que queiras que retrate neste pequeno blog de Rianxo, estarei encantado de pasarme coa miña cámara e facer un post con imaxes e publicalo neste blog.

Tanto se tes algunha idea como se queres contactar comigo para pedirme algunha imaxe en maior resolución, velaquí tes o meu correo electrónico:

mail

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.