Arquivo | antigas RSS feed for this section

Foto antiga da Ermida de San Bartolomeu

27 Abr

Grazas a internet, ás veces podemos atopar pequenas xoias como esta, unha imaxe antiga da Ermida de San Bartolomeu, na que aparece practicamente abandonada, sen tellado e en condicións moi lamentables. Por sorte, foi restaurada e a súa imaxe, hoxe en día, é moi distinta da que podemos ver aquí:

Foto de A. Barbeito

Darlle as grazas a Xoán Antón Castro por pasarme a referencia.

Fotos antigas: a Festa da Empanada de Rianxo

15 Xun

Estas fotos están no perfil no facebook da Asociación de Veciños do Araño, que tan boa labor está a facer na parroquia. Polo que se ve nas instantáneas, estamos a falar do ano 1988. Daquela anunciábase que estabamos ante a empanada máis grande do mundo (facíana os veciños cun forno eléctrico que crearon na panadería de Panmillo, e que despois levaron de festa en festa):

O cabalo, o pantalón curto e as pistolas

6 Out

O cabalo, o pantalón curto e as pistolas

Sempre era unha grande ocasión hai anos poder sacarse unha foto. Desta vez o meu tío Che, o seu curmán Moncho e o meu outro tío Jaime fan as veces de vaqueiros. Só faltaban os indios.

A bici, o traxe e o palleiro

4 Out

A bici, o traxe e o palleiro

Os meus tíos Che e Jaime posan vestidos de domingo e fachendeando de bicicleta nova.

Fotos antigas: a matanza do porco

23 Mar

Polo de agora, neste blog só puxen fotos recentes de Rianxo. Pero como non só quero plasmar o que é o Rianxo actual, senón tamén dar unha visión do que era antes, hoxe déixovos un recordo imborrable, unha foto desas de famila que atopei nunha viaxe a Bos Aires, visitando a familia. Aquí aparecen a miña bisavoa (a que está sentada), a miña tía avoa, os meus tíos (os nenos que están en cada esquina), o meu padriño (o que está no colo de miña bisavoa) e un curmá de meu pai (o segundo pola esquerda). Todos en familia para celebraren un día de festa: a matanza do porco.

matanza

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.