En Asados podemos atopar este cruceiro antigo no que ao Cristo lle faltan as pernas. Unha mágoa, a verdade, que non chegase intacto ao día de hoxe.
Casa abandonada
7 DecEsta impresionante casona de pedra está en Asados. A verdade é que sorprende ver como a pesar do abandono e do descoido se mantén en pé dun xeito tan impoñente.
A ermida de San Pedro de Vilas
5 DecO acceso non é precisamente fácil e é doado pasar por alí sen saber que hai preto unha ermida. Está nun sitio illado no medio do monte e só recupera a vida cando en Asados se celebra a festa de San Pedro, non lembro exactamente que domingo do verán. Polo demais, debe ser unha das capelas máis antigas do concello, xa que diante ten unha inscrición que data do ano 1671.
O campo de fútbol de Vilas
29 NovDende a autovía pode verse como xa está practicamente rematado o campo de fútbol de Vilas, en Asados. Será a primeira vez que teñamos en Rianxo un campo de fútbol con herba, aínda que será sintética. De todos os xeitos, visto o resto de campos de fútbol que hai no concello e o mantemento que se lles dá, case que é a mellor solución. Só fai falla ver o do Araño, no que herba si hai, pero de medio metro e criada polo total abandono. Esperemos que esta infraestrutura sexa aproveitada por todos os veciños e que se coide.
A igrexa de Santa María de Asados
16 Mai
Como toda parroquia galega que se prece, a de Asados tamén ten a súa, a de Santa María.
Cruceiro da Somoza
19 AbrMoitas veces pasamos ao seu carón, case sen prestarlles atención. Simbolizan o pasado, pero tamén a cultura, o traballo, as mans, as crenzas, a relixión e todo o que foi a nosa terra.
Moitos, coma este cruceiro da Somoza, en Asados, álzanse maxestousos, semellando querer tocar o ceo, estando máis preto de alá que de aquí. A súa función é lembrarnos a paixón de Cristo, a súa morte e o sufrimento que experimentou. Eu véxoo como un símbolo do que fomos. Pero tamén do que podemos ser. Podemos tocar o ceo, crer no que somos, loitar por aquilo que nos gusta e intentar ser cada día mellores persoas.





















Comentarios