Arquivo | Isorna RSS feed for this section

O cruceiro das Tres Cruces

25 Xan

Aínda que xunto á estrada hai un cartel indicador que sinale que se trata do “Cruceiro das Trece Cruces” cremos que é un erro. Mirando noutras referencias en internet atopamos o nome do “Cruceiro das Tres Cruces”, que realmente se adapta máis a este conxunto. ACTUALIZACIÓN: como nos explica 6ferrados, na web do Concello explícase que o lugar onde está o cruceiro é o Cabo de Trececruces, de aí o seu nome.

Como van as obras do AVE?

5 Out

Hai algo menos dun ano fun coa miña cámara polo lugar da Vacariza, en Isorna, e este era o aspecto que presentaban as obras do AVE:

Agora presentan estoutro aspecto:

Montes descoidados

1 Mai

Eu adoito pasear moito polo monte. Pois ben, aquí vedes o lamentable estado de varios camiños no monte de Isorna. Imaxinade que hai un incendio e ten que ir ata o lugar un retén de bombeiros ou un camión. Podería acceder? Eu véxoo complicado.

 

As obras do AVE

19 Dec

Aquí vos deixo unhas cantas fotos das obras do Ave na zona.

A Pobra? Non, Rianxo

13 Dec

Non vaiades pensar que perdín a memoria e non sei onde estou. A sorpresa non é porque non coñecese A Pobra do Caramiñal, senón porque este cartel está situado en Rianxo, na parroquia de Isorna. Se todas as indicacións están igual de ben colocadas que Deus nos pille confesados.

Se ides da ponte de Catoira cara á autovía, veredes este cartel, xusto un pouco antes das obras do AVE. Leva aí anos, pero ata esta fin de semana (que pasei por alí en bicicleta) non lle puiden facer unha foto a esta curiosa estampa. Cal será a explicación? Un poltergeist? Sobraban carteis?

O trazado do AVE pasa por Isorna

29 Nov

Xa se poden ver bastante avanzadas as obras do AVE ao seu paso por Rianxo, en concreto pola parroquia de Isorna. Xa se está tamén a traballar no que vai ser unha ponte que atravese o río Ulla e que permita ao tren de alta velocidade ir da provincia de Pontevedra á da Coruña, como se pode ver na imaxe.

Os lombos do Ulla

1 Nov

É unha das zonas máis ricas en berberechos da ría de Arousa. Alí van tanto mariscadores a pé como outros nas súas barquiñas cando se abre a veda.

Os lombos do Ulla

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.