Velaquí unha preciosa imaxe noctura da fachada marítima de Rianxo. A foto é de Xoán Castro:
Un traballo do Colexio Castelao, premiado nas Letras Galegas
16 MaiUn traballo realizado polos alumnos do CEIP ADR Castelao de Rianxo foi o gañador do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012 de educación primaria, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Trátase dun percorrido polos momentos máis significativos da biografía de Valentín Paz-Andrade e ads múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida: dende o seu inicial labor de xurista, as súas inquedanzas políticas e a súa carreira empresarial, sen esquecer a súa destacada vocación pola escrita.
Este traballo está a disposición dos centros de toda Galicia e pode verse na web de Política Lingüística.
Pero ademais, os rapaces da escola de Rianxo, tamén elaboraron un vídeo titulado Valentín Paz-Andrade, galego de corazón:
Exposición fotográfica en Rianxo
7 MaiSe tedes ocasión, recoméndovos que pasedes polo Auditorio de Rianxo, porque ata o día 23 de maio acollerá unha exposición fotográfica na que eu tamén participo con tres instantáneas. Na mostra tamén hai outros fotógrafos afincados en Rianxo, como Xoán Castro e moitos outros artistas do Barbanza, do Salnés, do Morrazo, etc.
Quero aproveitar para darlle as grazas ao Concello, por todas as facilidades que nos deron. Realmente quen o organizou todo foi Xoán pero, polo que me comentou, a predisposición foi a mellor dende o primeiro momento. Á inauguración, o pasado venres, tamén acudiu o alcalde, Adolfo Muíños, e a concelleira de Educación e Cultura, Hadriana Ordóñez. Mesmo saíu unha pequena referencia ao acontecemento en La Voz de Galicia de onte (é a foto de abaixo, a 4):
Eu, lamentablemente, non puiden acudir o venres, pero si que me pasei o sábado polo Auditorio e gustoume como quedou a cousa. Ademais, entereime de que era a primeira exposición de fotografía artísticas que acollía o recinto, así que a cousa fai ilusión. Aínda que o que máis gusta é ver como a xente se para nas fotos, curiosea e comenta.
Velaquí me tedes a min coas miñas fotos (fun con Xoán, e aproveitou para inmortalizarme, jeje):
O dito, se vos cadra, non deixedes de pasarvos polo Auditorio porque hai fotos realmente fermosas.
Encontro Internacional da Zanfona en Rianxo
23 AbrEsta pasada fin de semana, en Rianxo tivo lugar o VIII Encontro Internacional para zanfonistas en Galicia, chamado Zona da Zanfona 2012. Ademais de talleres, tamén houbo un concerto gratuíto no auditorio de Rianxo, interpretado por dous dos mellores zanfonistas do mundo, Gilles Chabenat e Patrick Bouffard. Velaquí dúas fotos do evento sacadas por Xoán Antón Castro.
Estaba tamén previsto que as zanfonas saísen ás rúas pero, por mor da chuvia, esta actividade tívose que levar a dentro da biblioteca. Non obstante, o sábado pola noite no camping de Rianxo viviuse unha foliada intensa entre os zanfonistas, aos que se lle uniron todo tipo de instrumentos e músicos do concello. Diso non temos imaxes, pero si dos talleres que se ofreceron:

Fonte: aCentral Folque

Fonte: Ariel Ninas
Colgo tamén un par de vídeos Youtube con Gilles Chabenat e Patrick Bouffard de hai anos, para que vos fagades unha idea de como soa este instrumento e do que puideron sentir os privilexiados que estiveron no auditorio:




















Comentarios