Arquivos por etiqueta: Asados

Cristo sen pernas en Asados

15 Xan

En Asados podemos atopar este cruceiro antigo no que ao Cristo lle faltan as pernas. Unha mágoa, a verdade, que non chegase intacto ao día de hoxe.

Campo de fútbol de Asados

6 Xun

Dende este blog dámoslle a noraboa aos do Unión polo seu ascenso de categoría. E deixo aquí unha panorámica do seu campo de fútbol (clica nela para vela en grande).

 

Estación rupestre As Barras

7 Xan

No Alto do Pilotiño, a parte superior do monte de Asados, podemos atopar a estación rupestre das Barras. Teño que dicir que está moi ben sinalizada, así que é de recoñecer a labor que se fixo neste lugar. Accesible e ben documentado para o visitante.

O campo de fútbol de Vilas

29 Nov

Dende a autovía pode verse como xa está practicamente rematado o campo de fútbol de Vilas, en Asados. Será a primeira vez que teñamos en Rianxo un campo de fútbol con herba, aínda que será sintética. De todos os xeitos, visto o resto de campos de fútbol que hai no concello e o mantemento que se lles dá, case que é a mellor solución. Só fai falla ver o do Araño, no que herba si hai, pero de medio metro e criada polo total abandono. Esperemos que esta infraestrutura sexa aproveitada por todos os veciños e que se coide.

A igrexa de Santa María de Asados

16 Mai

Igrexa-Santa-Maria-Asados

Como toda parroquia galega que se prece, a de Asados tamén ten a súa, a de Santa María.

Cruceiro da Somoza

19 Abr

Moitas veces pasamos ao seu carón, case sen prestarlles atención. Simbolizan o pasado, pero tamén a cultura, o traballo, as mans, as crenzas, a relixión e todo o que foi a nosa terra.

Moitos, coma este cruceiro da Somoza, en Asados, álzanse maxestousos, semellando querer tocar o ceo, estando máis preto de alá que de aquí. A súa función é lembrarnos a paixón de Cristo, a súa morte e o sufrimento que experimentou. Eu véxoo como un símbolo do que fomos. Pero tamén do que podemos ser. Podemos tocar o ceo, crer no que somos, loitar por aquilo que nos gusta e intentar ser cada día mellores persoas.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.