De novo un curioso documento audiovisual. A Coral do Liceo Marítimo Rianxeiro canta “Son de Rianxo” enriba do dique de Balta, cando daquela aínda chegaba ata alí a auga. É unha gravación dos anos 90 do programa “Desde Galicia para el mundo” de TVE e recollido pola
Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo).
A Coral do Liceo Marítimo de Rianxo sobre o dique de Baltar
31 XanVéndese o pazo de Baltar
19 AgoBuscando imaxes sobre o praia de Tanxil en Google, atopeime con imaxes do pazo de Baltar e, oh sorpresa, descubrín que está á venda. Realmente debe levar bastante á venda, pero eu descoñecía este feito, xa que pensaba que seguía pertencendo á familia Baltar e que pasaban algún que outro día do verán por alí. Pero está visto que non. O que non sei é que pasaría entón coa estatua da Guadalupe feita por Asorey no caso de que se venda a propiedade. Venderase tamén como parte da finca ou a familia Baltar xa se queda con ela para sempre? A min dáme que en Rianxo nunca máis a imos ver de novo 😦
Non sei dende cando está á venda o pazo de Baltar, pero está claro que mínimo un ano ou dous. Facendo buscas pola Rede, vexo que nun portal inmobiliario de Madrid se valorou a propiedade en 6 millóns de euros. Noutros portais pode verse que estivo por 4,7 millóns de euros. E agora mesmo, pode verse en Idealista.com por 4,5 millóns de euros, polo que a rebaixa foi considerable e seguramente consecuencia de que ninguén fixera ningunha oferta ata a data.
Ángel Baltar Cortés, fillo predilecto de Rianxo
30 MarCando alguén de Rianxo fala de Baltar, a todos se nos vai directamente a cabeza ao pazo que hai xunto á praia de Tanxil. Pero o de seguro que non sabedes é que na fachada do concello hai unha placa conmemorativa en agradecemento á súa persoa e que se lle puxo en vida. Vamos, que foi un home moi importante para Rianxo.
Na placa, en castelán, pódese ler: “Rianjo, a don Ángel Baltar Cortés, sabio cirujano, honra de Galicia y gloria de España. En testimonio de gratitud por su constante cariño a esta villa. Año de 1929”. Despois explicaremos o motivo exacto desta placa, porque antes queremos falar de Ángel Baltar.
Foi o penúltimo fillo dunha familia acomodada (o pai era farmacéutico e mesmo foi alcalde de Padrón) de oito irmáns e naceu en Padrón, o día 12 de marzo de 1868. Estuda Medicina en Santiago, carreira que acaba en catro anos. Durante un curto período de tempo exerce a docencia, xa que gaña unha praza como profesor axudante de Fisioloxía, aínda que despois é médico rural en Rois, ata que pasa a ser médido no Hospital Real de Santiago de Compostela, onde foi director durante varios anos.
En 1908 inaugura o primeiro sanatorio quirúrxico de Galicia e chega a converterse no “máis prestixioso cirurxián de Galicia da súa época”. Mesmo foi inventor de aparellos médicos como, entre outros, unha pinza de fixación do globo ocular para a operación de cataratas, un aparato dispensador de agua estéril para que os cirurxiáns puidesen lavar as mans ou un gancho para extracción de moedas e doutros corpos estraños.
Era tamén amigo dos Castelao e dos Dieste. Como aficionado da poesía, publicou poemas adicados á Virxe da Guadalupe, ás xentes da ría de Arousa e mesmo a Castelao. Morre en 1934, mentres realiza unha operación, ao sufrir un derrame cerebral.
Todos estes datos son do doutor Fernando Ponte Hernando (fonte orixinal), quen ademais escribiu o libro Dr. Angel Baltar Cortés (1868-1934) Maestro de cirujanos. Colección Scripta. Ediciones Inéditor, da Coruña.
Non obstante, aínda queda chegar ao motivo polo que foi nomeado fillo predilecto de Rianxo. Ángel Baltar, ademais de ser un gran cirurxián, tamén era un home moi xeneroso, ao que os historiadores locais Xesús Santos e Xosé Comoxo cualifican de “anxo da garda da vila rianxeira” no seu libro Biografía de Arcos Moldes (Rianxo: apuntes dunha vila mariñeira). 1865-1944
Nesta obra podemos ver como Baltar constrúe o seu pazo en Rianxo (si, ese que está ao lado de Tanxil) en 1913 e como axuda economicamente unha e outra vez ao Concello. Así, pon cartos para “a instalación dun novo alumeado público na vila: o eléctrico”. Pero tamén ten un gran comportamento como médico cos veciños na gripe de 1918 e mesmo vai co alcalde a visitar o Gobernador Civil e o Presidente da Deputación para solicitar axudas para distintas actuacións e obras da localidade.
Por todo iso será nomeado fillo adoptivo (1925) e tamén fillo predilecto (1927) de Rianxo. Prestará de novo cartos do seu peto para que se repare parte do camiño a Tanxil, desfeito polas chuvias do inverno de 1927. Finalmente, o Concello decide encargarlle ao escultor Francisco Asorey “una placa de mármore con aplicacións de bronce, que perpetuase o agradecemento do pobo por ese constante labor en favor da vila”. Colócase en 1929 nun acto multitudinario.
O pazo dos Baltar
16 MarO pazo de Baltar está situado nun dos mellores lugares de Rianxo: fronte ao mar e xusto enriba da praia de Tanxil. De feito, se paseades pola praia, isto é o que veredes.
Como vedes, ten unha frondosa vexetación. O certo é que a día de hoxe é un lugar abandonado, xa que a familia Baltar non vive no lugar, senón que vén de ramos en pascoas.
O certo é que se trata de un casería imponente que leva anos en Rianxo e que pertence a este rica familia que, polo que sei, viven en Santiago. Polo que oín por aí, seica o cabeza de familia era médico e de aí lle viñan os cartos.
Cólgovos tamén unha foto da entrada da casa. Dicirvos que no seu día a xente viña sacar aquí as fotos da súa voda, porque a cousa lucía.
Así era Tanxil antes
31 Ago
Botamos a vista uns anos atrás para lembrar como era a antiga praia de Tanxil. Unha das estampas máis coñecidas era a de arriba, o dique de Baltar, rodeado de auga, con barquiñas e a Moreniña de Asorey vixiando dende o alto.
Fotos de César González (aínda que nolas pasara Manolo Franco).
Do porto de Leiro ata o de Rianxo, en kayak
28 AgoGrazas aos kayaks de D’Fabula Ocio, puidemos facer unha ruta moi especial polo mar. En concreto, percorremos a costa dende o porto de Leiro ata o de Rianxo ao atardecer. A verdade é que o mar che ofrece unha perspectiva da costa moi diferente e, ao tempo, moi fermosa. Isto foi parte do que vimos.
Foto da balea que chegou a Tanxil e foi a morrer na praia das Sinas
26 MaiFernando Ponte Hernando, doutor en Mediciña e Cirurxía na USC e doutor en Historia da Ciencia na UdC envíanos esta fotografía. Como nos conta el mesmo hai uns anos publicou e presentou en Rianxo o seu libro sobre o Ángel Baltar Cortés. Por iso nos manda esta foto que lle cedeu a familia do doutor Miguel Gil Casares (1871-1931), a quién está dedicada.
Na foto pode lerse: “Villagarcía de Arousa. Playa de las Sinas. ¿? (Ballenóptero) que herido a tiros en Rianjo, vino a morir en riba playa el noviembre 1915”.
A historia, como sabedes, foi escrita no seu día por Rafael Dieste. E tamén foi recollida por Rabunho Rexeita, que sacou á luz as primeiras noticias sobre o tema, publicada en novembro de 1916, o cal non coincide coa data da fotografía. Pero, sen dúbida, é un documento único e de gran valor.
Por que nos molesta que se diga “Non te vaias Rianxeira” en lugar de “embarques”?
16 AgoUnha das cousas que máis nos enche de orgullo aos rianxeiros é esa canción coñecida en toda Galicia. Unha peza que trascende do local para representar a toda unha comunidade, porque A Rianxeira non deixa de ser o himno oficioso da nosa comunidade, unha cantiga recoñecida por todos os que vivimos aquí e que todo galego leva tamén canda si, incluso cando emigra. É un fenómeno social, máis aló de fronteiras, pero que nos sitúa tamén no mapa (cousa que sempre gusta).
Entrevista a Antón Castro, candidato á alcaldía no 2015 por Rianxo en Común (parte 2)
19 MaiNesta ocasión sodes vós, os lectores, os que facedes as preguntas. Velaquí as cuestións que lle quixestes formular aos candidatos á alcaldía de Rianxo. (1ª parte da entrevista). As preguntas nosas están marcadas como (FR). Comentar que Antón Castro non quixo contestar nada por escrito, senón que preferíu quedar en persoa para responder a todo.