Eu caseime no Araño

10 Xuñ

Se era do Araño, de seguro que tiña cartos (hai que lembrar que o Gordo de Nadal tocou aquí) e honrada por suposto. E de misa diaria, que non se diga 😉

Velaquí a letra da canción de “Eu caseime no Araño”, sacada de ogalego.eu:

Eu caseime no Araño,
Coa filla dun arañón;
Ela bonita non é,
Pobre si, honrada non.

Eu caseime na montaña
porque había moito pan,
o forno da miña sogra
bota silvas polo verán.

Eu caseime coa bonita,
coa bonita sen facenda,
agora quero comer
a bonita non me alembra.

Eu caseime por un ano,
por saber que vida era,
o ano vaise acabando,
solteiriña quen me dera.

Eu caseime por un ano
coidando de vender allos,
agora vendo cebolas
por causa dos meus traballos

Deixar un comentario