O rosario e a buguina. Ou o que é o mesmo, a nai de Manoel Antonio e o poeta. A vida estrita, a misa dos domingos e a liturxia fronte á liberdade, á brétema e á poesía. Dúas voces que, despois de tempo separadas, se atopan de novo nos últimos meses de vida do rianxeiro. Este é o argumento do novo libro de Xosé Ricardo Losada (1961) co que gañou en 2020 o Premio Torrente Ballester. Velaquí o cuestionario que lle fixemos ao escritor da rúa de Arriba.
Maite Mosconi: “Cando alguén se achega co meu libro, non podo evitar emocionarme”
20 XulMaite Mosconi é unha das autoras rianxeiras que presentarán a súa obra na Feira do Libro de Rianxo. Nacida en Asados en 1985, comenta que lle produce moita ledicia presentar a súa obra na terra. Sempre tivo a ilusión de poder contar a súa historia, algo que conseguiu con Gaedheal. Trátase do primeiro libro dunha triloxía de aventuras para a que se documentou moito, e que non deixa de ser unha homenaxe á cultura galega. Coñecemos un pouco mellor a Maite.
Xornadas de Rosalía de Castro 2016
24 FebHoxe e mañá celebraranse en Rianxo duas xornadas de lembranza a Rosalía de Castro no 179 aniversario do seu nacemento.
Colocación dun monolito nas illas Malveiras en homenaxe a Manuel Antonio
23 MarO pasado sábado 20 de marzo, e dende o concello de Rianxo procedeuse á colocación dun monolito nas illas Malveiras en homenaxe ó escritor Manuel Antonio. Acto enmarcábase dentro das xornadas “De Catro a Catro, catro singladuras en homenaxe a Manuel Antonio” que se están a levar a cabo durante este mes de marzo.
Homenaxe a Rosalía de Castro
28 FebHoxe 28 de febreiro celebrouse en Rianxo a homenaxe a Rosalía de Castro, para conmemorar o 178 aniversario do nacemento da escritora padronense o pasado 24 de febreiro, cunha lectura de textos tanto da autora, como propios de entidades, particulares..
(foto propiedade de Fogo Fatuo)
(foto propiedade de Fogo Fatuo)
Todo comezou na praza de Manuel Antonio, onde tamén está a estatua de Rosalía, á cal lle puxeron unha touca feita polo colectivo artesanal Ondiñas Mainas de Rianxo, seguindo a proposta da SEGA (http://www.asega-critica.net/2015/02/rosalia-de-castro-aterece.html), o acto estivo acompañado polos gaiteiros de Fogo Fatuo que fixeron primeiro un pasarúas pola vila.
De seguido, as lecturas de texto traladáronse ó salón de actos da casa consistorial do concello debido ás inclemencias do tempo, onde Adolfo Muiños abreu o acto coa lectura dun texto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Para dar paso ó acto actuaron as Rianxeiras da Covecha, un grupo de tres irmáns afincadas en A Pobra do Caramiñal pero con fondas raices rianxeiras (como elas se definiron).
Logo pasouse á lectura en si dos textos e das cales vos imos poñendo unhas fotos:
-Comezou Hadriana Ordoñez:
Logo, tamén Pepa se encargou de dar a coñecer o colectivo Artesanal Ondiñas Mainas que escomeza a sua andadura en Rianxo, e foron @s encargad@s de confecionar o chal que se lle colocou ó busto de Rosalía.
Logo voltaron a actuar as Rianxeiras da Covecha.
O acto rematou cun convite a tod@s @s asistentes e a quen se queira xuntar ás próximas xornadas a Rosalía de Castro o vindeiro ano que ven.
Xornadas da RAG sobre Castelao
16 OutComo podemos ler na web do Concello, “comezan en Rianxo as xornadas dedicadas a Castelao que vai a organizar a Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Rianxo e do Museo de Pontevedra”. Inícianse hoxe, xoves 16 de outubro ás 20.00 horas no Auditorio de Rianxo e continúan o 21 e o 30 de outubro.
Presentación de Remontar o río
18 XuñO pasado 30 de maio, tivemos a oportunidade de asistir no salón de actos do auditorio de Rianxo, á presentación do libro de poemas “Remontar o río” da nosa veciña e grande escritora Helena Villar Janeiro.
Presentación das Crónicas de Bran en Rianxo
15 AbrO pasado venres 11 de abril, tivemos a oportunidade de asistir á presentación d’As Crónicas de Bran, de Xosé Duncan, autor de Taragoña. De feito, o acto livo lugar na biblioteca do Brea Segade de Taragoña, e alí o novelista estivo acompañado polo dúo musical Barahunda, e polo mestre e musicólogo Jose Luís Pico Orjais que nos ofreceron un mini concerto @s alí asistentes.
Presentación do libro Sobre Ruinas
27 DecO pasado 13 de decembro presentouse no Auditorio de Rianxo Sobre ruínas, o novo poemario de Xesús Rábade Paredes, escritor cospeitense, pero rianxeiro de adopción.
Presentanción do libro “Herdeiros pola forza”
9 FebO dia 08 de febreiro ás 20:00 hrs. presentábase no colexio Brea Segade de Taragoña (Rianxo), o libro Herdeiros pola forza, da Editora 2.0.
O libro, e segundo os propios autores, revisa a conflictividade que existe entre a sociedade, o poder e o patrimonio cultural en Galicia.
Na biblioteca do colexio, ateigada de persoeiros tanto da bisbarra como vidos dende outros lugares, e durante duas horas, os autores debullaron e explicaron o contido do libro e como foron facéndose coas historias que nel narran.
Manolo Gago, xornalista e coautor do libro.
Xurxo Ayán, arqueólogo e coautor do libro.
O mestre Jose Luís Dopico, (organizador do evento), deu por rematada a presentacion cunha chamada a outro dos nosos patrimonios, o noso idioma, a lingua que nos une como ben patrimonial. Logo convidou a tódol@s asistentes a uns pinchos de empanada nunha sala anexa á biblioteca do centro escolar.