O rosario e a buguina. Ou o que é o mesmo, a nai de Manoel Antonio e o poeta. A vida estrita, a misa dos domingos e a liturxia fronte á liberdade, á brétema e á poesía. Dúas voces que, despois de tempo separadas, se atopan de novo nos últimos meses de vida do rianxeiro. Este é o argumento do novo libro de Xosé Ricardo Losada (1961) co que gañou en 2020 o Premio Torrente Ballester. Velaquí o cuestionario que lle fixemos ao escritor da rúa de Arriba.
Tag Archives: Xosé Ricardo Losada
Polémica a conta dun libro sobre Faustino Rey Romero
9 XulA finais do mes pasado, en xuño, no Auditorio de Rianxo presentouse un libro sobre Faustino Rey Romero. Xosé Ricardo Losada era o responsable do novo libro, con datos inéditos sobre a figura do cura de Isorna. Ao acto tamén estaba convidado Xesús Santos, responsable da biografía de Faustino Rey que tomaba como base para o seu traballo Xosé Ricardo.
O caso é que dende fotosderianxo.com tamén fomos ao evento e non vimos nada raro. Dicimos que non vimos nada raro, porque despois do acto apareceron en La Voz de Galicia primeiro unha carta de Xosé Ricardo a Xesús Santos, e hoxe mesmo a contestación deste último.