Arquivo | edificios RSS feed for this section

Adrián Gómez Ramos, 1º Premio Xuventude Crea coa súa novela “Cando sangren os lobos”

12 Out

O mes que vén, Adrián Gómez Ramos (1994) presentará a súa novela Cando sangren os lobos na túa terra, en Rianxo. Adrián vén de estrearse por todo o alto no mundo da literatura, xa que o fai tras gañar o Premio Xuventude Crea na categoría de novela. Neste cuestionario falamos de como recibiu a noticia e sobre a obra que vén de publicar en Xerais.

Seguir lendo

O hórreo de Isorna, o terceiro máis grande de Rianxo e o máis equilibrado de Galicia tu

10 Abr

reitoral (1)

Aínda que o máis coñecido é o hórreo do Araño, en Rianxo tamén temos outras grandes graneiras. Así, no terceiro posto a nivel local estaría o da reitoral de Isorna, que conta con 24,50 metros de longo, por 1,72 metros de ancho.

Seguir lendo

A Rúa de Arriba

11 Ago

Nela non viviron nin Manuel Antonio, nin Dieste nin Castelao. Nin falta que fai.
Nos seus 100 metros non hai o bulicio de xente doutras rúas da vila. Nin tampouco o necesita.
Ao seu paso non hai terrazas que esquivar, nin luces de neón. Só unha pequena perruquería. A vista do transeúnte ten tempo para admirar as pequenas e humildes vivendas, nas que habitan rianxeiros tamén humildes, boa xente que non precisa ser un Manuel Antonio para ver que a súa calzada contén poesía e historia.
De noite vólvese máxica. As súas luces descubren recunchos, balcóns, sombras na pedra, curvas nas fachadas, esconden cables e iluminan os vidros dos seus senlleiros edificios.
É a rúa de Arriba. Cando vaias por ela, ben para conectar co Campo ou coa rúa do Hospital, detente só un anaco, xira en derredor e verás que as rúas sinxelas e modestas son as máis fermosas.

_MG_3009

Fotos do Pazo dos Calotes do Araño derruído (parte 2)

30 Xan

100_2719

 

Continuamos coa nosa serie de imaxes de hai unha década, nas cales se pode vero Pazo dos Calotes totalmente derruído. Nesta ocasión, podedes ver imaxes da capela que forma parte do entorno.  Seguir lendo

Fotos do Pazo dos Calotes do Araño derruído (parte 1)

30 Xan

Copia de 100_2759

Velaquí vos traemos en exclusiva unhas fotos do Pazo dos Calotes do Araño de hai unha década. Hai máis de 10 anos, como vedes, estaba nun estado lamentable, onde a edifición era toda ruínas. Un tempo despois, foi mercado e reconstruído para un proxecto de hostelería que non chegou a callar. E hoxe en día está en venda cun prezo a negociar.

Seguir lendo

Os pazos de Rianxo

14 Abr

De novo, na canle de Youtube do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Instituto Félix Muriel atopamos outro documento moi interesante. Neste caso é un vídeo explicando os distintos pazos que hai en Rianxo, así como información do hórreo do Araño. Foi realizado por Sandra Castaño e por Lara Gómez.

O Campo das Graneiras de Meiquiz (Leiro)

23 Nov

Na aldea de Meiquiz, en Leiro, podemos atopar unha zona de gran concentración de hórreos. É unha especie de eira na que hai localizados un total de oito graneiras.

horreosmeiquiz1

Seguir lendo

Pazo de Baltar

19 Feb

Foto de galbanlesende

A praza de Rafael Dieste

20 Ago

Desta vez tocou xogar un pouco co branco e negro. Velaquí tedes a praza de Rafael Dieste, coa igrexa de Santa Comba ao fondo e o pazo de Martelo no lateral.

A antiga casa rectoral de Leiro

6 Ago

Esta entrada vai para o meu amigo Mario, que foi o que me levou a descubrir a antiga casa rectoral de Leiro. Como podedes ver, está totalmente abandonada e feita un cristo (nunca mellor dito). Dentro estaba o antigo cinema da parroquia, como o demostra o carteliño de “Prohibido Fumar”. E nos arredores pode atoparse unha antiga cociña, os cortellos e un enorme hórreo (supoño que se enchía no seu día grazas á inestimable axuda dos veciños) que está a ser devorado polas hedras.