Pasados uns días dende as eleccións locais en Rianxo, imos tratar de analizar algúns datos destas votacións.
Valoración de José Luis Castiñeiras (PP) dos resultados electorais de 2023
29 Mai
O líder dos populares rianxeiros, José Luis Castiñeiras, destaca que a súa formación conseguiu un “bos resultados, tendo en conta a liña descendente” a nivel de apoio das últimas eleccións. Indica que “igual esperabamos algún concelleiro máis”, pero non é menos certo que “a liña de saída é a mesma para os tres”, en canto que tanto o PP como Rianxo en Común e o PSOE contarán con 5 membros no pleno da corporación municipal.
Nese sentido, insiste en que a “tendencia positiva” do seu partido en Rianxo é o que máis o motiva a seguir traballando para continuar nesa liña. Agora, dende o PP local vanse dar “un par de días para asimilar os datos” e formular os pasos a seguir.
Castiñeiras indica que “tampouco descarto gobernar nin apoiar”. Están abertos ao diálogo con todas as formacións políticas, aínda que entende que un acordo co PSOE sería máis complicado. Nese escenario, “o comodín” tanto para PSOE como para PP sería Rianxo en Común.
O candidato á alcaldía sinala, iso si, que no caso de que se chegue a algún tipo de acordo, este “debería dar estabilidade durante os próximos 4 anos”. Ademais, insiste en que as súas prioridades “son conseguir o maior número de investimentos para Rianxo”.
Valoración de Oscar Rial (PSOE) dos resultados electorais do 2023
29 Mai
Para o líder dos socialistas rianxeiros, Oscar Rial, a sensación tras coñecerse os resultados electorais “é boa porque era un campaña exprés” na que tiveron que enfrontar a diferentes problemáticas. Nese sentido, indica que buscaron “xerar ilusión e reverter a situación de desánimo” que existía na formación. Rial sinala que tiñan “unha mochila, a xestión dos últimos 8 anos, algo que nos pesaba en canto que non podiamos intervir nas decisións do goberno”.
Neste escenario, optaron por “seren agresivos a nivel de comunicación”, para “contrarrestar unha xestión que non foi a máis adecuada”. Por esa razón, de cara ao exterior, falaban de acadar a maioría absoluta. Non obstante, nas súas previsións manexaban un escenario con 7 concelleiros. Iso non quere dicir que conseguisen un mal resultado, “ao contrario, porque aumentaron o número de votantes e o balance é positivo”. A formación da rosa tivo 503 papeletas máis que nas anteriores locais. Rial tamén salienta que “con 21 votos máis a situación sería moi diferente”, en relación ao número de sufraxios que os separou de Rianxo en Común, o partido máis votado.
O PSOE foi o partido con máis apoio nas mesas de Taragoña e, segundo Oscar Rial, “a clave estivo en Rianxo, onde contabamos con estar máis fortes”.
O partido ten previsto facer unha próxima asemblea para falar da campaña e miran “o futuro cunha perspectiva moi boa, con ganas de demostrar o noso traballo”. Nese sentido, o candidato socialista insiste en que “estamos máis que satisfeitos polo conseguido, había unha expectativa enorme arredor da candidatura, a nivel persoal foi unha grande aprendizaxe e toca seguir traballando”.
Preguntado por posibles pactos ou acordos para gobernar en Rianxo, Rial indica que “a iniciativa non nos corresponde a nós”, aínda que teñen toda a “predisposición a escoitar para reverter a situación actual do Concello. Hai que sentarse e escoitar e escoitar as distintas propostas”.
Valoración de Julián Bustelo (Rianxo en Común) dos resultados electorais de 2023
29 Mai
Para Julián Bustelo, líder de Rianxo en Común, a valoración dos resultados electorais “é moi positiva”. Confesa que as expectativas da súa formación eran altas e conseguiron mellorar o número de concelleiros ao acadar 914 apoios máis que nas locais de 2019. Ademais, sinala que foron a opción máis votada “no 60% das mesas do Concello”. Tamén destaca que “somos o grupo que máis medrou dende o 2015, dende que nos presentamos”.
Unha vez asimilado o resultado, sinala que están “emocionados e agradecidos á xente que nos apoiou”, ao tempo que “confiados e emocionados polo novo tempo” que se abre en Rianxo. Neste sentido, Bustelo explica que dende a súa formación están xa “con ganas de traballar”.
O representante de Rianxo en Común indica que agora é preciso “ter un período de reflexión, psaron moitas cousas, hai que valorar e darse un tempo”. A partir de aí, “sendo a lista máis votaa, correspóndenos optar á alcaldía e tomar a iniciativa para establecer diálogos coas outras forzas políticas”. Salienta que van falar con todas as formacións e que están “abertos a calquera escenario”. Deberán analizar “eixos programáticos comúns para traballar” e tamén ter claro que “o que temos por diante son as problemáticas que afectan a Rianxo, que debemos estar 100% centramos en Rianxo”. En base a iso, salienta que “estableceremos decisións” pero tendo claro que, en canto que son a formación con máis votos, se reservan a alcaldía.
A seguinte data importante é o 17 de xuño, cando terá lugar o pleno de investidura. Bustelo ve o futuro “con ilusión e con ganas”. De feito, non esquece que fixeron unha “campaña modesta, pero intensa, cun programa claro, conciso e directo que saíu das reunións que tivemos cos veciños, das súas necesidades”. Agora toca establecer “unha folla de ruta que garanta estabilidade e traballo a medio prazo”.
Resultados das eleccións municipais de Rianxo 2023
28 MaiActualización 22:44h: Xa está o 100% escrutado. Gañou ReC por 20 votos de diferenza fronte ao PSOE. Como terceira forza política está o PP, pero só a 43 votos do partido máis votado. Cada unha destas formacións terá 5 concelleiros. Pola súa banda, o BNG consegue a metade dos votos que os outros partidos.

Deste xeito, a cousa queda así a nivel de concelleiros:
Rec: 5 concelleiros (fronte aos 2 da pasada lexislatura)
PSOE: 5 concelleiros (fronte aos 4 da pasada lexislatura)
PP: 5 concelleiros (fronte aos 4 da pasada lexislatura)
BNG: 2 concelleiros (fronte aos 6 da pasada lexislatura)

Actualización 22.19h. Segundo a información que temos, que non é oficial, o resultado quedaría deste xeito, con ReC como partido máis votado, seguido polo PP a só 13 votos e co PSOE a 16 papeletas de distancia. Co cal, cada un destes partidos tería 5 concelleiros, fronte aos dous do BNG. Falta, como dicimos, a información oficial.

Co 90,47% escrutado os resultados serían moi diferentes, co PSOE como partido máis votado, seguido polo PP e con ReC como terceira forza política. En todo caso, as tres formacións móvense nunha marxe moi estreita. O BNG, pola súa banda, sería o cuarto partido con 2 concelleiros.

Actualización 22.11h. Polo que nos contan dende o interior dun dos recontos, só falta unha mesa por pechar. Dinnos que nesta mesa hai 205 votos para ReC, 170 para o PSOE, 160 para PP e 56 para BNG, polo que o partido máis votado sería Rianxo en Común.
Actualización 22.04h. Polo que nos contan dende o interior dun dos recontos, só falta unha mesa por pechar. E parece ser que gañaría ReC por uns 10 votos de diferenza con respecto á segunda formación.
Co 81,93% escrutado, o PSOE volve ser a segunda formación máis votada, pero todo continúa moi igualado entre tres formacións. ReC, PSOE e PP continúan con 5 concelleiros fronte aos 2 que obtería o BNG.

Co 75,82% dos votos escrutados, o PP pasa a ser o segundo partido máis escollido en Rianxo, con tres papeletas máis que o PSOE. En todo caso, continúa todo moi igualado entre ReC, PP e PSOE, con 5 concelleiros por arriba. O seguinte concelleiro estaría agora mesmo a 189 votos, que sería en favor do BNG en lugar do PSOE, aínda que é moi improbable vista a evolución do escrutinio.

Co 70,24% escrutado, a situación segue a ser moi semellante, con 5 concelleiros para ReC, outros 5 para o PSOE e outros 5 para o PP. O BNG quedaría con 2 concelleiros.

Co 54,41% dos votos escrutados, hai case un empate entre ReC, PSOE e PP. O BNG pasaría de ser a forza máis votada a ser a que menos representación conseguiría (pasaría de 6 a 2 concelleiros).

Entrevista a Xusto Ordóñez, candidato á alcaldía de Rianxo polo BNG
22 MaiVelaquí o cuestionario que lle realizamos a Xusto Ordóñez, que se presenta nestas eleccións á alcaldía de Rianxo co BNG.
– Cóntanos un pouco sobre ti (onde vives, a que te dedicas, experiencia…).
– Son veciño do Araño. O meu traballo é o da panadeiro, unha ocupación que me vén de tradición familiar: como ben sabedes chámanme Tito o Dulceiro. Fun unha persoa activa na vida asociativa, ANPAS, Asociacións culturais e deportivas, unha persoa moi curiosa polo noso patrimonio. Por outra banda, dende hai oito anos son concelleiro e con responsabilidades no goberno local, asumindo asumido responsabilidades en Deportes, Patrimonio e Seguridade Cidadá.
Entrevista a José Luis Castiñeiras, candidato á alcaldía de Rianxo polo PP
21 MaiVelaquí o cuestionario que lle realizamos a José Luis Castiñeiras, que se presenta a través do PP á alcaldía de Rianxo.
– Cóntanos un pouco sobre ti (onde vives, a que te dedicas, experiencia…).
– Boas, son José Luis Castiñeiras Lesende, Enxeñeiro Técnico Industrial de profesión con percorrido laboral dende a empresa familiar, sector público a grandes empresas. Toda a miña vida laboral se desenvolveu vinculado ó mantemento industrial e a sistemas de produción, polo que a mentalidade de “servizo ó cliente” a levo poñendo en práctica sempre. Isto é o que debemos conseguir no Concello, asumir que somos un servizo onde a prioridade son as persoas, neste caso os veciños e veciñas de Rianxo.
No eido persoal, nacín na rúa Portiño en Rianxo no ano 1976, e actualmente vivo na aldea de Ourille, parroquia de Taragoña. Estou casado e teño dúas nenas de 14 e 11 anos.
Entrevista a Oscar Rial, candidato á alcaldía de Rianxo polo PSOE
19 MaiVelaquí o cuestionario que lle realizamos a Oscar Rial, que se presenta a través do PSOE á alcaldía de Rianxo.
– Cóntanos un pouco sobre ti (onde vives, a que te dedicas, experiencia…).
– Boas, son Oscar Rial Lago, teño 42 anos, nacido en Isorna, onde teño un sentimento de pertenza moi grande a pesar de que vivín en Rianxo dende os 2 ata os 29 anos, xa que é a terra onde viven meus avós e gran parte da miña familia. Tamén vivín en Boiro e, na actualidade, levo 7 anos vivindo na Laxe Pequena, en Taragoña, coa miña muller Yolanda (Yoli) e os meus tres fillos: Sofía, Manuel e Pedro.
Entrevista a Julián Bustelo, candidato á alcaldía de Rianxo por Rianxo en Común
14 Mai
Velaquí o cuestionario que lle realizamos a Julián Bustelo, que se presenta a través do partido Rianxo en Común á alcaldía de Rianxo.
– Cóntanos un pouco sobre ti para que non te coñeza (onde vives, a que te dedicas, experiencia…).
– O meu nome completo é Julián Bustelo Abuín, son de Traba (Araño) e traballo como arqueólogo. Presenteime ás elección por primeira vez fai catro anos e dende entón son o Voceiro de Rianxo en Común no Pleno da Corporación.
Pleno extraordinario no que se aproba o PXOM de Rianxo
13 MaiVelaquí o pleno extraordinario onde se debate e se aproba provisionalmente o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello.