Os seis candidatos á alcaldía de Rianxo participaron no día de hoxe nun debate organizado polo movemento veciñal Fousas ao Monte. No marco da I Romaría das Fousas, celebrada en Filgueiras (Taragoña), os aspirantes a facerse co mando do Concello expuseron as súas propostas en materia de medioambiete e de política forestal.
Entrevista a Julián Bustelo, candidato á alcaldía de Rianxo por Rianxo en Común
16 MaiCompartimos con vós o cuestionario que lle realizamos a Julián Bustelo, que se presenta a través do partido Rianxo en Común á alcaldía de Rianxo.
Antón Castro, de Rianxo en Común, valora o primeiro ano desta lexislatura
18 XuñEsta semana cumpríase xusto un ano dende que se celebrou o primeiro pleno da nova lexislatura en Rianxo. Unha das incorporacións á corporación municipal foi Rianxo en Común, con dous edís. Un grupo novo nun novo tempo sen maiorías no Concello e que nos conta, a través do seu voceiro, Antón Castro, como foi a súa experiencia nestes primeiros 12 meses de lexislatura. Ao tempo que nos indica cales considera que son as prioridades de Rianxo e como ve as Mareas de cara ás eleccións xerais.
Entrevista a Antón Castro, candidato á alcaldía no 2015 por Rianxo en Común (parte 2)
19 MaiNesta ocasión sodes vós, os lectores, os que facedes as preguntas. Velaquí as cuestións que lle quixestes formular aos candidatos á alcaldía de Rianxo. (1ª parte da entrevista). As preguntas nosas están marcadas como (FR). Comentar que Antón Castro non quixo contestar nada por escrito, senón que preferíu quedar en persoa para responder a todo.
Entrevista a Antón Castro, candidato á alcaldía no 2015 por Rianxo en Común (parte 1)
14 MaiQuedo con Antón no Campo de Arriba, no mercado de Sachos á Rúa, no que tamén está implicado. Despois imos falar tranquilamente ao Castelao. Un quinto para el e colacao para min e comeza a conversa. Como curiosidade, descubro que non ten whatsapp no móbil. Di querer levar a voz da xente ao concello e facer as cousas doutra maneira.