O rosario e a buguina. Ou o que é o mesmo, a nai de Manoel Antonio e o poeta. A vida estrita, a misa dos domingos e a liturxia fronte á liberdade, á brétema e á poesía. Dúas voces que, despois de tempo separadas, se atopan de novo nos últimos meses de vida do rianxeiro. Este é o argumento do novo libro de Xosé Ricardo Losada (1961) co que gañou en 2020 o Premio Torrente Ballester. Velaquí o cuestionario que lle fixemos ao escritor da rúa de Arriba.
Adrián Gómez Ramos, 1º Premio Xuventude Crea coa súa novela “Cando sangren os lobos”
12 OutO mes que vén, Adrián Gómez Ramos (1994) presentará a súa novela Cando sangren os lobos na túa terra, en Rianxo. Adrián vén de estrearse por todo o alto no mundo da literatura, xa que o fai tras gañar o Premio Xuventude Crea na categoría de novela. Neste cuestionario falamos de como recibiu a noticia e sobre a obra que vén de publicar en Xerais.
María, a Cabreira
11 AbrA última vez que coincidín con ela foi hai 7 anos. Daquela, ao igual que nesta ocasión, eu ía en bicicleta de montaña cara ao miradoiro do Pico Muralla.
Old Memories Tattoo e RodaRianxo, dous novos emprendedores para novos tempos
7 AbrHoubo un tempo no que se preguntásemos polo tipo de negocios que había en Rianxo, todo o mundo diría que “bares”. Curiosamente moitos foron baixando as persianas. E agora incluso dá pena pasar por algunha rúa, onde tamén pecharon tendas de toda a vida. Por iso, que en plena pandemia, dous emprendedores se animen a abrir un negocio na vila, é de agradecer. E se aínda por riba é un negocio diferente dos habituais, a sorpresa é aínda maior. Eles son Sandro García, de Old Memories Tattoo e Xoán Silva, de RodaRianxo. Se nestes días que fai bo queredes alugar una bici, podedes facelo a través da web de MercaRianxo. E se queredes facervos unha tatuaxe (dicirvos que a día de hoxe ninguén lles pediu gravar sobre a pel a Rianxeira), podedes pasar polo Subcampo de Rianxo ou ben mandarlles un whatsapp ao 637227646.
Sempre en Rianxo
12 SetEsta é a historia dun amor. A historia de Juan e de Encarnación. El, de Brión, xa bebía os ventos por Encarnación dende que esta tiña 14 anos. Ela, de Rañó, deixouse querer. Nin o servizo militar nin as actuacións del como músico os separaron. Ao revés, decidiron unir forzas e compartir unha vida detrás dun mostrador. Sen horarios, sen descanso e con moita ilusión.
A todas as Elvinas
7 SetHai imaxes e momentos que veñen de xeito recorrente á miña mente. Un deles é a man dereita da miña veciña Elvina agarrada a unha vella parra. É un mes de xullo e a sombra da viña non mingua a calor da tarde. Con 88 anos, encurvada, vestida de loito e apoiado o ombreiro esquerdo sobre o mango do sacho, deixa a mirada perdida.
Amanda Seibiel: “La primera vez que vi mi libro en el nº 1, me dio un parraque”
17 XulDentro duns días teremos a sorte de desfrutar dunha autora que colocou algún dos seus libros entre os máis vendidos de toda España. Se non che soa o seu nome, apúntao ben: Amanda Seibiel. Ademais de ser veciña de Rianxo, é unha escritora que no último ano publicou con grande éxito tres libros. Un deles está especialmente dedicado aos seus pais e cóntanos que podemos ver cousas de Rianxo. Leva máis de dúas décadas viviendo en Alacante, pero non pode evitar a morriña pola súa terra. Iso si, como ten o galego algo esquecido, nesta ocasión a entrevista é en castelán.
David Broncano: “Mis padres vivían en Rianxo, así que nací ahí. Es muy bonito”
16 Mar
Imaxe de El Periódico
Seguro que o coñeces porque é un dos humoristas máis destacados do momento. O que de seguro non sabías é que David Broncano, a pesar de que ten acento de Xaén, naceu en Rianxo. Con só 32 anos conduce un programa de radio na SER e ten un late night en Movistar #0. Hai pouco en El Periódico definíano como un “genio” do humor, sabendo rirse de calquera cousa “sin necesidad de recurrir a la burla o a la humillación”.
Festas da Guadalupe 2017: o pregón de Eva Iglesias
9 SetNervios, risas, momentos emotivos, música e moita simpatía. O pregón co que Eva Iglesias daba comezo oficialmente as festas da Guadalupe 2017 tivo de todo. E, dende logo, deixou o listón moi alto para as próximas edicións desta celebración.
Eva Iglesias: “Dar o pregón da Guadalupe supón o broche a un ano redondo”
7 SetEste sábado, 9 de setembro, ás 14.00 horas, a nosa veciña Eva Iglesias será a encargada de inaugurar oficialmente as festas da Guadalupe. Farao lendo un pregón polo que di sentir unha gran “responsabilidade porque vai estar todo o concello pendente”. Así e todo, está “moi contenta e desexando que chegue ese día”.