Arquivo | curiosidades RSS feed for this section

Información e respostas sobre a Tarxeta Benvida da Xunta de Galicia

12 Out

Este ano tiven unha nena. Foi no mes de abril, en pleno confinamento. Co cal tiven tempo de buscar información sobre as diferentes axudas coas que contamos os pais. Unha delas é a Tarxeta Benvida, ofrecida en Galicia pola Xunta

Seguir lendo

Superadas as expectativas na inaguración do Mirador do Pico Muralla

25 Feb

A semana pasada inaugurábase no alto do Pico Muralla un mirador que medios como a Cope chegaron a definir como “un dos mellores de todo o Noroeste da Península”. Encravado entre Lousame e Rianxo, buscaba converterse nun referente turístico dentro do Barbanza, como tamén o é o mirador da Curota.

Imaxe de J_Bouzas

Seguir lendo

A Patrulla Caprina, unha oportunidade para o monte e para o futuro

20 Feb

Dende hai uns días nos montes de Taragoña habitan novos veciños. En concreto cinco cabuxas, un castrón e varios cabritiños. Son a punta de lanza dun proxecto posto en marcha polo movemento veciñal Fousas ao Monte e que supón unha oportunidade para o monte. Seguir lendo

Viladomar Rianxo 2019: 5 novos muros convertidos en arte

5 Set

Do 6 ao 13 de setembro teremos a enorme fortuna de desfrutar de Viladomar Rianxo. Máis alá dos muros. Nesta ocasión serán 5 artistas que pintarán en Rianxo, no Araño e en Isorna.

Seguir lendo

A familia Vázquez Pombo (alias Follarín) na TVG

9 Ago

No programa Onde collen dous… da TVG puidemos ver unha familia rianxeira. Neste caso os Vázquez Pombo. Se eses apelidos non vos din nada, de seguro que si vos di algo o cantante da Abanico, coñecido como Follarín. Coñecemos como é o seu día xunto aos seus.

De cando Iñaki Gabilondo contou na radio a historia da Rianxeira

27 Xul

Un dos xornalistas máis coñecidos e respectados no noso país é Iñaki Gabilondo. Pois ben, cando estaba na Cadena SER, contou en directo a historia da Rianxeira. Como Ángel Romero, un dos fillos dos autores do segundo himno de Galicia, contactara coa radio porque tiña o disco que enviaran dende Arxentina coa peza. Pero como non tiña un aparello, nunca o puidera escoitar. Pero puido cumprir o seu soño.

Graciñas, Concha, por enviarnos a historia.

Canto leva chovido en Rianxo este ano?

2 Abr

De seguro que moitos respondedes rapidamente á pregunta. Que canto choveu? Pois un montón. Non parou de chover no que vai de ano e iso que a finais de 2017 estabamos con sequía. En todo caso, esta publicación intentará responder a cantos litros de auga choveu fisicamente en Rianxo nestes tres primeiros meses de 2018.

Seguir lendo

A fachada comercial que foi trending topic en Asados

24 Mar

“Fomos trending topic en Asados”. Así é como resume Graciela, do salón de beleza e peitados Pelos a curiosidade e as conversas que xerou o cambio na súa fachada comercial. Ao seu carón atópase a mercería PuntHadas, un negocio que moita xente non coñecía. Levaban tempo dándolles voltas á idea de facer unha reforma, pensando precisamente en captar a atención e deixar claro que ofrecían. O resultado chegou da man do Studio Moai e non deixou indiferente a ninguén.

As imaxes que compartimos foron sacadas por A Fiestra Fotografía.

Seguir lendo

O First Dates á Jaleja, celébrase no Araño

15 Feb

novaera1

Esta é sen dúbida a semana do amor. Acabamos de celebrar San Valentín, o día por excelencia dos namorados. E se en Cuatro tiveron un especial First Dates para conmemorar esta data, en Rianxo teremos o “First Dates á Jaleja”. En concreto o sábado 17 de febreiro pola noite.

Seguir lendo

Os mozos de Rianxo escollen a vila para pasar o fin de ano

1 Xan

É sorprendente como as cousas poden cambiar grazas ao traballo e á constancia da xente. Hai uns anos era impensable celebrar o fin de ano en Rianxo e agora, semella inimaxinable non facelo. Todo polo estupendo labor que fan as Juadalupeñas.

Seguir lendo