A través de La Voz enterámonos de que mañá, 27 de setembro, Rianxo participa no proxecto “Móllate polos ríos”. A idea é realizar unha limpeza de forma simultánea en distintos ríos de 40 concellos galegos e un deles será o Té, onde a xente pode ir de forma voluntaria e botar unha man.
Fotos da enchenta do río Te
3 FebO pasado venres choveu tanto, tanto, tanto, que o río Te botou por fóra. Velaquí tedes algunhas imaxes desa tarde á altura da ponte que hai no Batán (O Araño):
De feito, podedes ver como a forza da auga levou por diante esta ponte de madeira do paseo do río. Curiosamente esta ponte xa fora arrincada noutro anegamento hai cousa de dous anos e estivo así ata a primavera pasada, cando a arranxaron. Agardemos que desta vez non tarde tanto en poñerse ben.
As intensas chuvias tamén provocaron máis dun susto no que ao tráfico se refire. Nesta foto, toma preto de Carballal (O Araño), o coche ao haber tanta auga non puido ver onde comezaba o rego e meteu a roda sen darse conta:
Pero tamén ía con moitísima auga o regueiro que pasa polo medio do Pazo. De feito, o lavadeiro nin se vía:
Anegamento do río Te
10 XanCon todo o que choveu esta pasada semana, o río Te desbordouse nalgunhas zonas. Eu non vivín directamente o anegamento, porque pola semana estou na Coruña, pero o sábado puiden ver que o río aínda ía ben cheo. Aquí vos deixo unhas imaxes do seu paso polo Batán (O Araño).
Aínda que non o creades, este é un camiño usado para acceder ás leiras que se convertiu nun regueiro:
A tromba da auga era tan forte que mesmo levou unha das pontes de madeira do paseo do río Te. Agora a pregunta é se o arranxarán en breve ou quedará así durante meses:
Velaquí a miña veciña Sara cun sacho intentando que a balsa de auga dunha das súas leiras baixe:
E nesta leira podedes ver por onde foi o río:
A ponte do paseo marítimo de Rianxo
8 SetCamiñando polo paseo marítimo de Rianxo, para unir a costa de Taragoña coa de Rianxo, hai unha bonita ponte de madeira pola que podemos chegar á praia da Torre. Coa marea baixa podemos ver centos de muxos aproveitando que o río Té está baixo. E coa marea alta podemos desfrutar da bonita desembocadura que une o Té coa ría de Arousa.
Civilización
10 Abr
Ás veces, semella que nalgúns lugares hai anos polos que non pasa ninguén. Sitios abandonados, deixados da man de Deus, pero que no seu día tiveron vida e bulicio.
É o caso de moitos dos muíños que podemos atopar seguindo o curso do río Té. Hoxe en día fican completamente abandonados, adaptándose á contorna, cubertos de hedras, sen tellado nin portas.