Arquivo | Rianxo RSS feed for this section

A pesca da volandeira co bou de vara

20 Nov

O bou de vara é un arte de pesca artesenal que só está autorizada da ría de Arousa. Pois ben, nós tivemos ocasión de acompañar aos mariñeiros de Rianxo que practican esta arte agora que se permite coller volandeira.

Seguir lendo

Fotos do feirón mariñeiro pola mañá: festas da Guadalupe de Rianxo 2022

15 Set

Por máis que saibamos que as festas da Guadalupe de Rianxo son vistas e non vistas, non por iso nos sorprende saber que xa chegamos ao feirón mariñeiro, a un dos momentos máis importantes da celebración, a un día no que a vila vida na rúa, onde (máis ca ningún outro día) o importante é comer, beber, bailar e desfrutar. Porque outro día así non o teremos ata dentro dun ano.

Seguir lendo

Fotos e vídeo do Chupitaso nas festas da Guadalupe de Rianxo 2022

10 Set

Había moitas ganas de festas. O coronavirus provocou, entre outras cousas, que levemos dous anos sen sentir o que é vivir oito días de festas en Rianxo. E onte, por fin, puidemos desquitarnos. Chegou a celebración coa que despedimos o verán. A nai de todas as festas. A Guadalupe 2022.

Seguir lendo

Carlos Ces: “Goza destas festas como se houbese tres anos que non as gozas”

2 Set

Tras un par de anos de pandemia, as festas da Guadalupe recuperan o seu formato habitual, con oito días de festas. Fano con moita ilusión e con caras novas, porque á fronte da comisión xa non estará o Xixí, quen pasa a ser Presidente de Honra. No cargo substitúeo Carlos Ces, quen levaba moito tempo como vicepresidente. Falamos con el de como serán estas festas, do traballo da comisión e do que custa sacar adiante tantos días de celebración.

Seguir lendo

O rianxeiro Iago Hermo e ButacaZero preestrean no Auditorio a ópera electrónica ‘Papagena’: “Temos ganas de dar o mellor de nós”

28 Ago

Os días 2 e 3 de setembro asistiremos no Auditorio de Rianxo a unha preestrea. Alí poderemos desfrutar por primeira vez da ópera electrónica en galego Papagenea, que despois viaxará por catorce concellos de toda Galicia. O seu autor é o compositor rianxeiro Iago Hermo, quen se uniu neste proxecto coa compañía ButacaZero. Na dirección, unha coñecida tamén da casa, Esther F. Carrodeguas, quen codirixe xunto con Xavier Castiñeira.

Seguir lendo

Xosé Ricardo Losada: “Manoel Antonio vía o extraordinario no ordinario”

7 Nov

O rosario e a buguina. Ou o que é o mesmo, a nai de Manoel Antonio e o poeta. A vida estrita, a misa dos domingos e a liturxia fronte á liberdade, á brétema e á poesía. Dúas voces que, despois de tempo separadas, se atopan de novo nos últimos meses de vida do rianxeiro. Este é o argumento do novo libro de Xosé Ricardo Losada (1961) co que gañou en 2020 o Premio Torrente Ballester. Velaquí o cuestionario que lle fixemos ao escritor da rúa de Arriba. 

Seguir lendo

Adrián Gómez Ramos, 1º Premio Xuventude Crea coa súa novela “Cando sangren os lobos”

12 Out

O mes que vén, Adrián Gómez Ramos (1994) presentará a súa novela Cando sangren os lobos na túa terra, en Rianxo. Adrián vén de estrearse por todo o alto no mundo da literatura, xa que o fai tras gañar o Premio Xuventude Crea na categoría de novela. Neste cuestionario falamos de como recibiu a noticia e sobre a obra que vén de publicar en Xerais.

Seguir lendo

O Rock in Rian 2021 celebrarase en agosto

8 Abr

É un dos festivais máis coñecidos na comarca e que cada verán atrae a miles de persoas, tanto pola calidade dos grupos que veñen como porque ano tras ano, dende a organización, traballan para que sexa gratuíto. É o Rock in Rian, un festival de música que este ano se deixa de celebrar durante a semana das festas da Guadalupe, como viña a ser habitual. 

Seguir lendo

Old Memories Tattoo e RodaRianxo, dous novos emprendedores para novos tempos

7 Abr

Houbo un tempo no que se preguntásemos polo tipo de negocios que había en Rianxo, todo o mundo diría que “bares”. Curiosamente moitos foron baixando as persianas. E agora incluso dá pena pasar por algunha rúa, onde tamén pecharon tendas de toda a vida. Por iso, que en plena pandemia, dous emprendedores se animen a abrir un negocio na vila, é de agradecer. E se aínda por riba é un negocio diferente dos habituais, a sorpresa é aínda maior. Eles son Sandro García, de Old Memories Tattoo e Xoán Silva, de RodaRianxo. Se nestes días que fai bo queredes alugar una bici, podedes facelo a través da web de MercaRianxo. E se queredes facervos unha tatuaxe (dicirvos que a día de hoxe ninguén lles pediu gravar sobre a pel a Rianxeira), podedes pasar polo Subcampo de Rianxo ou ben mandarlles un whatsapp ao 637227646.

Seguir lendo

Carrozas no entroido de Rianxo 2020

24 Feb

entroido-rianxo

O bo tempo permitiu que a animación na rúa e as ganas de festa non faltasen neste entroido. Como tampouco os premios, que foron ben xenerosos coas carrozas gañadoras. Facemos un repaso do visto onte en Rianxo.

Seguir lendo