Todos os anos centos de rapaces desfilan polas rúas de Rianxo dándolle a benvida ao Entroido. Este ano o tema escollido dos disfraces é o cambio climático, unha mensaxe para concienciarnos de que de seguirmos así estamos poñendo en risco o Planeta.
Resultados das eleccións xerais de novembro de 2019 en Rianxo
11 NovAnalizados os resultados das eleccións xerais de novembro no concello de Rianxo, a pregunta que nos facemos moitos é: cambiou moito o voto? Hai partidos que gañan e que perden votos. Vaiamos cos titulares:
Festa das Juadalupeñas na Martela: festas da Guadalupe 2019
17 SetSe pola mañá o Día das Juadalupeñas consiste en diferentes xogos na praza de Castelao, pola tarde o escenario e o ambiente cambia radicalmente. Na urbanización da Martela os mozos bailan ata desgastar as zapatillas, baixo unha capa de po de cores que non deixa de caer. Repamos en imaxes e vídeos como foi a festa.
Día das Juadalupeñas 2019 nas festas das Guadalupe de Rianxo
16 SetUn ano máis, graciñas á Comisión de Juadalupeñas que tanto o curra durante todo o ano. Non só polo Rock in Rian, senón tamén para desfrutar dun Día das Peñas no que non falta de nada.
Sempre en Rianxo
12 SetEsta é a historia dun amor. A historia de Juan e de Encarnación. El, de Brión, xa bebía os ventos por Encarnación dende que esta tiña 14 anos. Ela, de Rañó, deixouse querer. Nin o servizo militar nin as actuacións del como músico os separaron. Ao revés, decidiron unir forzas e compartir unha vida detrás dun mostrador. Sen horarios, sen descanso e con moita ilusión.
Imaxes do entroido de Rianxo 2019: carrozas e enterro do Toribiño
10 MarCompartimos con vós as fotos das carrozas e do enterro do Toribiño do entroido de Rianxo 2019.
Fotos de entroido as escolas de Asados e de Rianxo
2 MarChega unha das festas máis divertidas do ano, o entroido. Ademais, faino cun tempo moi primaveral, polo que se agradece dobremente poder saír de festa e desfrutar disfrazado. Os primeiros choqueiros que vimos en Rianxo este ano foron os alumnos das escolas de Asados e de Rianxo, que desfilaron polas rúas xunto aos mestres. Velaquí algunhas das imaxes.
Fotos da cabalgata dos Reis Magos en Rianxo 2019
5 XanAs nenas e os nenos de Rianxo viviron hoxe o comezo dunha xornada máxica. Os Reis Magos chegaron ata a vila para saudar aos centos de cativos que os agardaban nerviosos despois de portarse ben todo o ano.
Rianxo, recibe axudas da UE para instalar wifi en lugares públicos
9 DecO concello de Rianxo é un dos poucos concellos galegos (xunto con Oleiros, Toén, Cerdido e Salceda de Caselas) que van recibir axudas da primeira convocatoria de WiFi4EU (Wifi para Europa). Trátase dun programa comunitario que ofrece axudas de 15.000 euros para instalar puntos de wifi gratis en espazos públicos.