Tag Archives: Campionato Galego de Bateis

Rianxo no Campionato Galego de Bateis 2021 celebrado en Bueu

19 Abr

O domingo, 18 de abril, tivo lugar en Bueu o Campionato Galego de Bateis, no que participou o Culb de Remo Rianxo. Os resultados non puideron ser mellores, xa que en cadete feminino as rianxeiras se proclamaron subcampioas de Galicia. Na categoría xuvenil feminina as nosas fixéronse co primeiro posto, como campioas galegas. Destacar tamén a categoría senior feminina, na que as remeiras de Rianxo subiron ao podio, coa 3ª praza. Por último, na categoría infantil masculina, os nosos veciños foron campións. Case nada. Orgullo de deportistas e de mozos!

Seguir lendo