Por segundo ano consecutivo, a asociación Ondiñas Maiñas puxo en marcha a iniciativa Viladomar Rianxo – Máis alá dos muros. De que se trata? Pois de levar a arte preto das nosas casas. De converter os muros nun lenzo para que diferentes artistas nos acheguen historias, cores e beleza. O resultado é espectacular.
Murais de Viladomar Rianxo 2019
13 SetViladomar Rianxo 2019: 5 novos muros convertidos en arte
5 SetDo 6 ao 13 de setembro teremos a enorme fortuna de desfrutar de Viladomar Rianxo. Máis alá dos muros. Nesta ocasión serán 5 artistas que pintarán en Rianxo, no Araño e en Isorna.
Por que levar un neno a un dos colexios rurais de Rianxo?
7 XulNo noso concello, as escolas de Cuvide, do Cruceiro, de Outeiro, da Capela, do Pazo, de Rañó, de Abuín e de Quintáns, forman parte dos Colexios Rurais Agrupados de Rianxo. A ANPA Irmáns Insua que aglutina estes colexios, lanzou un vídeo co de “animar as familias a matricular os seus fillos nas escolas do CRA, xa que algunhas debido, á baixa matriculación teñen o risco de pechar. Algo que sería unha pena”.
Hai que lembrar que lembrar que no 2013 pechou a da Vacariza, antes pechou a de Buía e hai unhas semanas coñeciamos a triste noticia do peche de varias escolas en Galicia, algunhas delas con moitos nenos.
Nesta ocasión as nais e pais cóntannos que tal a súa experiencia nestas escolas, que nada teñen que envexar a outras grandes.
Fotos da reitorial de Isorna
17 XulHai un tempo publicamos por aquí imaxes do hórreo de Isorna, o terceiro máis grande de Rianxo. Pois ben, hoxe queremos colgar as imaxes do resto do conxunto do que forma parte, da fermosa reitoral onde podemos atopar pezas únicas como un retrete de pedra que daba directamente ao rego que discurría por detrás da finca, algo pouco habitual naqueles tempos.
Agradecerlle de novo ao arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto e ao antigo sacristán da parroquia por poder gozar dunha visita única a un sitio realmente fermoso.
O Combo Dominicano, na Bacariza
13 XuñFaltan poucos días para que chegue o verán e, con el, as festas e os bailes. Acabamos de ter festa no Pazo e tamén en Asados. E a cousa non para, porque este sábado 18 de xuño, na Bacariza (Isorna), tiran a casa pola fiestra traendo unha das orquestras de moda: o Combo Dominicano.
Tamén estará a orquestra Samba a partir das 23.00 horas. Pero, sen dúbida, os canarios serán o prato forte, xa que ademais arrastran tras súa unha lexión de fans e amantes dos merengues, bachatas e demais música latina. O dito, apuntade na axenda xa que o sábado pola noite na Bacariza hai festa rachada 😉
Galego na rede
23 AbrA nosa veciña Helena Villar Janeiro, ademais de ser unha grande escritora, demostra ser unha estupenda mestra que se sabe adaptar a calquera medio. Tanto é así que a rede se converte para ela nunha estupenda aula virtual na que poder difundir e promover a nosa lingua. Ademais de aos seus máis de 5.000 amigos no Facebook, grazas ao seu caderno dixital, non só nos dá o seu punto de vista sobre a actualidade, senón que desenvolve un curso de galego coa metodoloxía que se emprega para ensinar calquera lingua. Falamos con ela sobre o tema. Seguir lendo
O hórreo de Isorna, o terceiro máis grande de Rianxo e o máis equilibrado de Galicia tu
10 AbrAínda que o máis coñecido é o hórreo do Araño, en Rianxo tamén temos outras grandes graneiras. Así, no terceiro posto a nivel local estaría o da reitoral de Isorna, que conta con 24,50 metros de longo, por 1,72 metros de ancho.
“Isto é un despropósito. Tomáronnos por tontos”
28 FebOs propietarios das fincas afectadas polo viaducto do AVE ao seu paso por Isorna están en pé de guerra. E non é para menos. Séntense enganados despois de dar todas as facilidades para construír unha obra que consideran de interese público. Sete anos despois, as fincas produtivas nas que levan anos traballando, son unha especie de pedregal que en nada se parece aos terreos que tiveron que deixar. E reclaman, como é lóxico, que a empresa deixe as fincas non de calquera maneira, senón intentando que queden en condicións moi semellantes a como se entregaron.
O belén de Isorna
28 DecOnte, grazas ao señor José, que foi sacristán de Isorna, puidemos ver o belén que montan na parroquia. O certo é que debe ser o máis grande dos que hai en Rianxo e non lle falta ningún detalle.