
O bou de vara é un arte de pesca artesenal que só está autorizada da ría de Arousa. Pois ben, nós tivemos ocasión de acompañar aos mariñeiros de Rianxo que practican esta arte agora que se permite coller volandeira.
Seguir lendoO bou de vara é un arte de pesca artesenal que só está autorizada da ría de Arousa. Pois ben, nós tivemos ocasión de acompañar aos mariñeiros de Rianxo que practican esta arte agora que se permite coller volandeira.
Seguir lendo
Botamos a vista uns anos atrás para lembrar como era a antiga praia de Tanxil. Unha das estampas máis coñecidas era a de arriba, o dique de Baltar, rodeado de auga, con barquiñas e a Moreniña de Asorey vixiando dende o alto.
Fotos de César González (aínda que nolas pasara Manolo Franco).
Grazas aos kayaks de D’Fabula Ocio, puidemos facer unha ruta moi especial polo mar. En concreto, percorremos a costa dende o porto de Leiro ata o de Rianxo ao atardecer. A verdade é que o mar che ofrece unha perspectiva da costa moi diferente e, ao tempo, moi fermosa. Isto foi parte do que vimos.
O domingo pasado, o programa da TVG “Ribeira de salitre” estivo dedicado ao noso concello. Contou coa actuación das pandereteiras “Teidexal”, mentres que entrevistan ás mariscadoras Carmen Triñanes, Arancha Abuín e Carmen Ordóñez. Tamén falaron co bateeiro Ramón Vicente, con Eva Lesende, traballadora dunha das conserveiras de Rianxo e con Miguel Ángel Iglesias, Patrón Maior.
Velaquí unha serie de fotos de Rianxo dende o aire, nas que se pode apreciar tamén a fermosura da ría de Arousa. Son fotos de hai varios anos, xa que o dique grande aínda non estaba rematado, nin existían as casetas novas dos pescadores ou do Bingo.
Imaxes de Turgalicia
Dende o 30 de xuño e ata o 5 de xullo estivo en Rianxo o historico veleiro Joaquín Vieta para uso e desfrute de quen quixera dar un pequeno paseo pola ría de Arousa. Nós non quixemos perder a oportunidade e embarcamos o venres nesta singular singradura que só poidemos desfrutar polo interior da ría, debido ó mar picado que tivemos esa tarde.
Grazas a D’Fábula Ocio puidemos desfrutar dunha experiencia estupenda, xa que durante toda unha mañá nos cederon dous kayaks para poder fotografar parte da nosa costa. A verdade é que dende o mar as cousas se ven dun xeito moi distinto e, para os que acostumamos a andar máis por secano que por zonas de mollado, é algo sorprendente. Un punto de vista novo das cousas que coñeces.
Do 30 de xuño ao 5 de xullo tes a ocasión de poder desfrutar dun paseo pola ría de Arousa a través do Joaquín Vieta, o veleiro máis antigo de Galicia. A travesía é gratuíta e forma parte dunha acción da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.
En concreto, dende o noso concello haberá saídas neste histórico barco tres veces ao día: unha pola mañá (12.00 horas) e dúas pola tarde (15.00 e 18.00 horas). O veleiro realizará unha ruta náutica pola nosa ría para dar a “coñecer o patrimonio vinculado ao mar”. A duración da ruta é de 2 horas máximo.
Para apuntarse hai que ir ata a oficina de Turismo de Rianxo. Máis información a través da Mancomunidade no 981 845 236.