Entre Cespón, Bealo e Taragoña, atopamos o fermoso esteiro de Beluso. Como curiosidade, comentar que a zona ten unha temperatura media anual duns 14ºC.
> Documento do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia da Xunta sobre o esteiro de Beluso.
Entre Cespón, Bealo e Taragoña, atopamos o fermoso esteiro de Beluso. Como curiosidade, comentar que a zona ten unha temperatura media anual duns 14ºC.
> Documento do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia da Xunta sobre o esteiro de Beluso.
Por fin podemos desvelar un suceso que aconteceu o ano pasado que, afortunadamente, non tivo consecuencias maiores. Este material non puido ver a luz ata o día de hoxe, porque os seus protagonistas tiñan o material gráfico oculto. Agora, en exclusiva, podedes ver as fotos do que aconteceu.
Esta fin de semana, paseando pola praia do Porrón, puiden apreciar milleiros de berberechos e centos de longueiros mortos. Como se pode observar nas imaxes, non se trata de cunchas antigas, senón de berberechos con moi pouco tempo. En moitos deles obsérvanse os restos dos bilvavos mortos. Semella que as chuvias e o temporal que estes días afecta a Galicia está a afectar seriamente a campaña marisqueira en Rianxo.
Como sabedes, este verán uns vándalos queimaron parte da ponte de madeira que formaba parte do paseo marítimo e que unía O Pazo coa praia da Torre. Por ese motivo, dende aquela permanece pechada ao tránsito. Non obstante, dende Costas están xa a substituír a vella ponte de madeira por unha nova de aceiro. É dicir, que cambiará completamente a estética á que estabamos acostumados ata o de agora. Imos coñecer cando estará lista a nova ponte, o custo e tamén o aspecto que vai ter.
Dentro da exposición de Ruando Rianxo, tamén terá presenza a actividade conserveira do noso Concello. Nese sentido, estivemos na Conserveira de Rianxo e falamos con José Ignacio Rodríguez, o seu director financeiro e administrador. Como na mostra non podemos colgar todas as imaxes que nos gustaría, aquí deixamos colgadas un feixe delas.
Un vídeo de Youtube no que se pode ver un rianxeiro adicado ás bateas dende o ano 1963.
Esta fin de semana dei unha pequena volta pola praia de Cunchas e vin que un dos seus maiores atractivos, o pequeno bosque de piñeiros que está ao seu comezo, sufriu a tala de varias árbores. Polo que vin, algunhas árbores estaban arrincadas de raíz, polo que igual puideron caer por unha tormenta. Pero outras foron cortadas directamente, non sei se porque presentaban algún risco ou non. Algún de vós sabe que pasou?
ACTUALIZACIÓN: puxémonos en contacto por correo coa Alcaldía e indicáronnos que a finca na que se cortaron os piñeiros é particular e que o dono obtivo un permiso da Xunta para facer a tela. Por outra banda, é certo que “un tornado levantou varios” piñeiros, pero aproveitando iso procedeuse á “curta doutros”. Dende a Alcaldía tamén comparten connosco en que é unah mágoa que pasara isto, xa que se “estragou unha fermosa paisaxe” que cada ano atrae a moitos rianxeiros e turistas.