Acabamos de enterarnos dun acto de vandalismo na ponte do Te, a que atravesa o paseo marítimo para unir as dúas beiras do río entre Rianxo e Taragoña.
Cremos que é impresionante a desfachatez, incivismo, falta de cultura/educación e respecto que está detrás dos últimos actos vandálicos que está a sufrir o mobiliario urbano do Concello nas últimas datas, (pintadas nas placas dos autores rianxeiros no paseo marítimo, desfeita dos parques infantís, queima tamén da pasarela da praia de Tanxil…).
A ver cando nos decatamos de que o mobiliario urbano é de todos/as e o seu deterioro ou mal uso repercute no noso peto!!!
Nesta última desfeita, uns/as irresponsables cebáronse coa ponte do paseo marítimo, queimando parte dela, previsiblemente “usando algún tipo de acelerante -gasolina, por exemplo-“, en palabras do arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto, aínda que isto terao que determinar a policía xudicial. Tamén resalta o arquitecto que posiblemente a obra lle poida custar ao erario público a escandalosa cantidade de 70.000 euros, que teremos que desembolsar a base de impostos.
Deixamos unhas fotos sacadas do facebook de Carlos H. Fernández e do propio alcalde Adolfo Muíños:
O custo de 70.000 euros é unha estimación que fai o propio Fernández Coto do que suporía repoñer dúas vigas curvas, dúas pequenas da base, a varanda e as táboas de pisar. Hai que ter en conta que son madeiras especiais con curvaturas especiais. Pero o máis complexo é o transporte dende A Coruña, porque ademais non hai paso polo Pazo, polo que habería que levar o material polo mar. A isto hai que sumarlle a montaxe, o guindastre…
Por outra banda, tamén hai que ter en conta que alí está a policía local custodiando a ponte por quendas e que a policía científica da Coruña tivo que vir mirar e retirar mostras, o que tamén implica gastar recursos públicos.
Vamos, que se trata dunha previsión, non orzamentada, pero que cos coñecementos que ten Fernández Coto seguramente sexan bastante atinadas. Como el mesmo sinala, “a reparación custará o mesmo que o mantemento de todo o ano da piscina climatizada municipal. Ou, se o preferides, custará o mesmo que a ampliación do Centro Social de Asados, ou case como a compra do antigo Liceo para os nosos Maiores e para a Mocidade”.
Agardemos que as pesquisas da policía, e de ser o caso dalgún/ha testigo destes últimos feitos dean lugar a atopar culpables desta auténtica barbarie do patrimonio de todos/as nos, e, que a administración competente teña a ben arranxar canto antes este acto que desfai pola metade o paseo diario de moitos e moitas rianxeiros e foráneos que se achegan ó noso concello.
Lamentable que haxa rapases que fajan este tipo de cousas, qué janan con esto? como mellora a sua vida faser estas chorradas? en fin ojala este ben acojonado na casa hasta que o pillen
De momento supoño non se poderá descartar nada nin a ninguén sobre a autoría destes feitos. Iso si, si ó final se descubre quen, ou quenes o fixeron o castigo debería ser exemplar.
Deplorable o que fixeron estes vandalos coa parte fisica e material do “Paseo Maritimo” .Unha obra multimillonaria que desgraciadamente xa tempo fai que estaba arruinada polo cheiro , as veces in-soportable,do tubaxe de desauge de algunha conserveira.Repito, deplorable, mais se vamos reclamar…non deberiamos reclamalo todo?
Manuel, a que te refires con “todo”?
Xoancastro: con ” todo” refirome a rexeitar non so’ pola perda que causaron os “vandalos”,mais tamen por eliminar o cheiro dos desauges.
Bos dias Manuel.
Imos ver, nos dendo o blog, tentamos postear o mais relevante do que acontece no Rianxo actual. Ben é certo que o cheiro, sobre todo na rotonda de Rianxiño é considerable, tamén é certo que este cheiro xa ven de antiguo e sinceramente, eu pasando por ahí tódolos dias penso que este ano non cheirou tanto como outros anos anteriores. Non sei si será porque a fábrica non traballa tanto, ou porque non bota tanto resto á ria, ahí non che teño nin idea.
Pero bueno, tendo en conta esto, considero que o tema non é tan realmente relevante como para adicarlle un post no blog.
Moitas grazas pola tua suxerencia.
Un saudo.
O custo para deixalo como estaba seguramente sexa caro, polos motivos que explica maxistralmente Carlos Coto.
Pero nos tempos nos que estamos, e dada a orixe “real” deste acto vandálico, a miña proposta sería un amaño con chapas metálicas e reposición dos travesaños, que nos recordara para sempre a salvaxada desta fin de semana, e que nos saliría por menos de 10 veces menos presuposto.
Deberían limpar mais a ría do forte cheiro insoportable para o turismo da zona non me estraña que nos últimos días apenas se víu xente paseando polo paseo