Como dá comezo o 2014, queremos compartir con vós as cifras do blog durante o ano pasado. Realmente o que nos motiva a traballar e a sacar noticias e cousas interesantes é saber que hai moita xente detrás que nos segue, que nos le e que difunde o que facemos, aí que queremos compartir con vós o informe que nos manda WordPress do 2013.
Pero tamén queremos nós debullarvos as cifras, para que non teñades que andar traducindo do inglés 😉 Comezamos!
Durante o pasado ano, publicamos no blog 180 posts ou artigos, é dicir, un cada dous días. E total, sumamos nesta web 430 artigos, así que xa vai collendo forma.
Sabedes cal foi o día con máis visitas de todo o 2013? Pois o 28 de outubro, con 2.463 visitas, case todas relacionadas coa Pasarela Castelo da Lúa. Pero, durante todo o ano, tivemos 84.018 visitas, o que supón toda unha marca, xa que é máis que a suma das visitas dos catro anos anteriores. Houbo un promedio de 230 visitas por día. Dese crecemento, ten boa culpa Xoán Antón Castro, que este ano entrou a elaborar contidos no blog e del son tamén boa parte dos máis visitados. Imos repasalos:
1. Photocall da Pasarela da Lúa: 4.123 visitas
2. Desfile de moda de Pasarela: 2.484 visitas
3. Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo: 2.088 visitas
4. Festa da Guadalupe: 1.565 visitas
5. Feirón Mariñeiro: 1.554 visitas
6. Vandalismo: queiman a ponte de madeira sobre o río Te: 1.512 visitas
7. O Chupitaso: 1.470 visitas
8. Resumo das festas da Guadalupe 2013: 1.274 visitas
9. Que facía o cura de Rianxo durante a procesión do Corpus?: 1.081 visitas
10. Entrevista e fotos da Conserveira de Rianxo: 1.047 visitas
Tamén rematamos o ano con 796 seguidores no facebook e con 277 followers no twitter, o cal está moi, pero que moi ben. De novo, graciñas por seguirnos. Sabemos que no 2014 vai ser moi complicado superar todas estas visitas, pero intentaremos seguir co nivel dos contidos, para sermos un pequeno referente informativo en Rianxo.
Deixar unha resposta