Que facía o cura de Rianxo durante a procesión do Corpus?

17 Xuñ

Realmente tampouco é que don Fernando, o cura de Rianxo, fixera unha cousa doutro mundo. Pero o que si choca é quen o fai e en que situación.

Sempre se comenta que os máis novos están pendentes do seu “mancontro”, que non fan máis ca whatsappear, estar no twitter ou estar hipnotizados por esa pequena pantalla chamada móbil no momento menos oportuno, como na hora da comida en familia ou ben no instituto, durante as clases.

Pero visto o visto, a dependencia do móbil afecta a todo o mundo. E aquí temos a demostración gráfica disto: o cura de Rianxo, en plena procesión do Corpus Christi 2013, falando polo móbil. Non sabemos con quen falaría nin se o tema era importante ou non, pero o certo é que se trata dunha imaxe máis ca curiosa e por iso a queríamos compartir con todos vós.

Cremos que polo de agora non ten whatsapp nin facebook, pero todo se andará 🙂

cura_mobil

Advertisement

Unha resposta a “Que facía o cura de Rianxo durante a procesión do Corpus?”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Datos de fotosderianxo.com no 2013 | Fotos de Rianxo - 01/01/2014

    […] visitas 7. O Chupitaso: 1.470 visitas 8. Resumo das festas da Guadalupe 2013: 1.274 visitas 9. Que facía o cura de Rianxo durante a procesión do Corpus?: 1.081 visitas 10. Entrevista e fotos da Conserveira de Rianxo: 1.047 […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: