Info

Esta é unha páxina de Rianxo, sobre Rianxo e para os rianxeiros.

Tratamos de dar a coñecer os pequenos recunchos do noso concello, as nosas praias, igrexas, capelas, postas de sol, montes, os seus habitantes, as actividades que se desenvolven aquí… Para quen non coñeza este concello e para quen o queira redescubrir. Porque moitas veces non somos conscientes de todo o que se agocha ao noso carón, dos lugares marabillosos que temos ao lado da nosa casa ou das fermosas historias que nos podería comentar un veciño noso.

Foi creada por Óscar Reboiras en febreiro de 2009. Por sorte, o proxecto foi crecendo e sumouse Xoán Antón Castro,  quen informa de todas as actividades que acontecen durante a semana no Concello.

Se queres contactar con nós para informarnos de algo ou ben poñer publicidade, estamos no correo fotosderianxo@gmail.com

Deixar un comentario