
Houbo un tempo no que se preguntásemos polo tipo de negocios que había en Rianxo, todo o mundo diría que “bares”. Curiosamente moitos foron baixando as persianas. E agora incluso dá pena pasar por algunha rúa, onde tamén pecharon tendas de toda a vida. Por iso, que en plena pandemia, dous emprendedores se animen a abrir un negocio na vila, é de agradecer. E se aínda por riba é un negocio diferente dos habituais, a sorpresa é aínda maior. Eles son Sandro García, de Old Memories Tattoo e Xoán Silva, de RodaRianxo. Se nestes días que fai bo queredes alugar una bici, podedes facelo a través da web de MercaRianxo. E se queredes facervos unha tatuaxe (dicirvos que a día de hoxe ninguén lles pediu gravar sobre a pel a Rianxeira), podedes pasar polo Subcampo de Rianxo ou ben mandarlles un whatsapp ao 637227646.
Seguir lendo →