Grazas a José Luís Dopico Orjais e á Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo) podemos desfrutar de documentos únicos coma este. Nel aprezamos ao grupo Os Chapís (encabezados por Manuel e Humberto Vicente) cantándolle a Rianxo.
Grazas a José Luís Dopico Orjais e á Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo) podemos desfrutar de documentos únicos coma este. Nel aprezamos ao grupo Os Chapís (encabezados por Manuel e Humberto Vicente) cantándolle a Rianxo.
O programa Aquí hai praia, que percorre distintos areais de toda Galicia que se emite cada xoves na TVG tamén estivo en Rianxo. En concreto a parte relativa a Tanxil comeza no minuto 30:24. E, como non, os entrevistados falan de temas como o tipo de area que hai agora e tamén da lonxitude da nova praia, aínda que sen polemizar demasiado 🙂
Velaquí unha serie de imaxes da praia da Torre, en Taragoña, propiedade da web Turgalicia. Sorprende sobre todo a vista dende o aire e a lonxitude do areal, que hai anos estaba dividido en dous xa que onde hoxe está a torre de ladrillos, no seu día había unha fábrica de flotadores de batea.
Chega o 21 de xuño e con el aparece de xeito oficial o verán. Xa levaba con nós uns días, iso si, pero hoxe a calor seguiu pegando duro, superando os 30 graos. Así que moitos rianxeiros e outros que veñen de concellos próximos decidiron estrear praia e botar man da sempre fresca auga da ría de Arousa, aínda que moitos non chegamos a ir máis alá dos xeonllos, por medo á conxelación 😉
Grazas ao magnífico traballo de Suso Santos Rodríguez e de Miguel Somoza Rodríguez, que comezaron escaeando e recompilando fotos antigas, hoxe podemos ter imaxes para a lembranza coma esta. Como vedes, a praia de Tanxil pouco se parece a de hoxe en día e mesmo se pode apreciar o dique que hoxe en día está cuberto de area.