Arquivo | costa RSS feed for this section

Aprobada a ampliación de Tanxil, que creará un único areal ata O Porrón

28 Dec

ampliacion-tanxil

O Ministerio de Fomento, dentro do seu Plan Estratégico de Subvenciones 2014-2017, acaba de aprobar en unha subvención que se comezaría a executar nos Orzamentos estateis de 2017 pola cal se van ampliar os areais Rianxo.

Este plan supón a segunda fase da polémica que no seu día se realizou en Tanxil. Nesta ocasión, a idea é unir practicamente a praia do Porrón coa de Tanxil. Na imaxe de arriba podedes ver unha simulación de como quedaría a costa rianxeira. A praia de Tronco, como vedes, quedaría totalmente “comida” por este novo mega areal.

De feito, o “novo Tanxil” tería practicamente un quilómetro máis de lonxitude, o cal sería duplicar o tamaño e conectar co Porrón e con Cunchas.

Dende a Corporación Municipal indicaron que van realizar un pleno con todos os grupos para tratar esta cuestión, xa que “non consideran prioritaria unha actuación deste tipo, tendo en conta o rexeitamento que provocou no seu día a ampliación de Tanxil. Ao tempo, consideramos que os 8 millóns de euros calculados nesta actuación se poderían investir en cuestións moito máis positivas para dinamizar o Concello de Rianxo”.

ACTUALIZACIÓN: para que ninguén teña dúbidas, o Ministerio de Fomento acaba de confirmar que isto era unha inocentada 😉

Tanxil no programa “Aquí hai praia” da TVG

4 Set

tanxil

O programa Aquí hai praia, que percorre distintos areais de toda Galicia que se emite cada xoves na TVG tamén estivo en Rianxo. En concreto a parte relativa a Tanxil comeza no minuto 30:24. E, como non, os entrevistados falan de temas como o tipo de area que hai agora e tamén da lonxitude da nova praia, aínda que sen polemizar demasiado 🙂

De Taragoña a Rianxo en kayak

4 Xul

varias 002 Grazas a D’Fábula Ocio puidemos desfrutar dunha experiencia estupenda, xa que durante toda unha mañá nos cederon dous kayaks para poder fotografar parte da nosa costa. A verdade é que dende o mar as cousas se ven dun xeito moi distinto e, para os que acostumamos a andar máis por secano que por zonas de mollado, é algo sorprendente. Un punto de vista novo das cousas que coñeces.

Seguir lendo

Imaxes do último e espectacular solpor de Rianxo no 2014

2 Xan

Poucas cousas hai máis fermosas que unha posta de sol. Se esta ten lugar o último día do ano e nos deixa estampas tan fermosas como as que puidemos ver dende Rianxo, pois que menos que recollelas coa nosa cámara e tratar de gardalas na memoria para desfrutar destes intres.

solpor_Rianxo

solpor_Rianxo (2)

solpor_Rianxo (3)

solpor_Rianxo (4)

solpor_Rianxo (5)

solpor_Rianxo (6)

O porto de Rianxo dende o aire

23 Dec

portoPlan de Ordenación do Litoral de Galicia: Rianxo

A praia da Torre dende o aire

18 Nov

torre

Plan de Ordenación do Litoral de Galicia: O Burato do río Te

O esteiro de Beluso dende o aire

23 Out

beluso

Entre Cespón, Bealo e Taragoña, atopamos o fermoso esteiro de Beluso. Como curiosidade, comentar que a zona ten unha temperatura media anual duns 14ºC.

> Documento do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia da Xunta sobre o esteiro de Beluso.

Como era a praia de Tanxil?

18 Ago

Grazas ao magnífico traballo de Suso Santos Rodríguez e de Miguel Somoza Rodríguez, que comezaron escaeando e recompilando fotos antigas, hoxe podemos ter imaxes para a lembranza coma esta. Como vedes, a praia de Tanxil pouco se parece a de hoxe en día e mesmo se pode apreciar o dique que hoxe en día está cuberto de area.

tanxil

Seguir lendo

Panorámica da praia de Cunchas

13 Mai

Pincha na imaxe para vela en grande.

Cheminea na praia da Torre

23 Xan

Aínda lembro hai anos cando ía á praia da Torre e estaba a fábrica de flotadores de bateas no medio e medio do areal, cos seus bidóns, o seu poliester e os seus coches e camións de arriba para abaixo. Menos mal que a cousa cambiou e agora só queda isto como recordo dalquel tempo.