De Taragoña a Rianxo en kayak

4 Xul

varias 002 Grazas a D’Fábula Ocio puidemos desfrutar dunha experiencia estupenda, xa que durante toda unha mañá nos cederon dous kayaks para poder fotografar parte da nosa costa. A verdade é que dende o mar as cousas se ven dun xeito moi distinto e, para os que acostumamos a andar máis por secano que por zonas de mollado, é algo sorprendente. Un punto de vista novo das cousas que coñeces.

varias 003

Neste caso, saímos en dous kayaks dende o porto de Taragoña. A marea estaba baixa e a auga parecía unha balsa de aceite. Ademais, a embarcación é moi estable e deseñada para torpes como os de fotosderianxo.com, polo que non había demasiado perigo (sobre todo as as cámaras).
varias 008

Nada máis saír, xa puidemos ver unha garza, seguramente buscando comida aproveitando a baixamar. varias 009

E aquí tedes a vista da ponte da autovía que conecta Taragoña con Cespón, sobre o esteiro de Beluso.

varias 016

A continuación decidimos tirar para o castro de Neixón, do lado de Boiro. varias 017 varias 023 varias 029 varias 032 varias 036

Xa de volta en Rianxo, fomos percorrendo toda a costa. A primeira hora había moita xente polas pedras, non sabemos se collendo mexillóns ou que exactamente.

varias 051

Ao fondo, de novo, a ponte da autovía do Barbanza.

varias 058

E aquí xa preto da praia da Torre.varias 064 varias 066 varias 073 varias 077 varias 081

Nalgúns puntos puidemos ver ferros cunha base de formigón, que seguramente pertencían a algunha batea e que agora están abondonados no mar.
varias 082 varias 089

Ademais das gaivotas é moi común atopar preto da costa aves como os corvos mariños, que son moi torpes á hora de voar (cústalles moito o despegue) pero que nadan estupendamente. varias 094 varias 097

Aquí xa a praia de Taragoña, coa chimenea da antiga fábrica de flotadores no medio.

varias 100

E aquí a pasarela do paseo marítimo sobre o río Te: varias 102

O que non esperabamos atopar na nosa travesía eran patos. Sorprendentemente había moitos. De lonxe semellaban as típicas gaivotas, pero tratábase de ánades.
varias 108 varias 113 varias 125 varias 135 varias 137

A praia do Pazo. varias 141

Estas si son a típicas gaivotas. Neste caso, dándose unha pequena ducha.

varias 145

Velaquí a conserveira de Rianxo antes de chegar a Rinlo. varias 172

E aquí os asteleiros Lojo. varias 174

Á altura de Rinlo. varias 175 varias 177

E aquí os famosos paus que se ven dende Rinlo, coroados cadanseu por un corvo mariño tomando o sol. varias 179 varias 191 varias 194

Aquí outra ave menos habitual: unha garceta. varias 198

E aquí xa parte da perfil da vila de Rianxo. varias 203 varias 204 varias 206 varias 208

Velaquí o porto de Setefogas, que será antigo, pero impresiona. varias 216 varias 221 varias 222

Un dos buratos polos que se desauga ao mar cando chove. varias 224 varias 228

E aquí onde se leva control do que se pesca e se marisca no pósito de pescadores. varias 233

O peirao da T, ateigado de coches. Como para que un caia abaixo…varias 236 varias 242 varias 243 varias 245 varias 249 varias 251 varias 253 varias 256

Aquí podemos apreciar o desnivel no peirao grande.

varias 257

Tembra pequeno limpando as redes de algas. varias 269 varias 273 varias 276

Nesta imaxe pódese apreciar como o peirao grande ten unha serie de buratos para que vaia entrando a auga cando sobe a marea. Non ésta totalmente illado do mar, senón que mirando a Fincheira hai varios puntos de conexión. varias 279 varias 281 varias 282 varias 288 varias 289

E xa preto da antiga lonxa, coas vistas do paseo da Ribeira e da Igrexa, antes de rematar a pequena travesía. Atrás deixamos pouco máis de 7 quilómetros, sen forzar, en algo máis de dúas horas. varias 291

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: