O cruceiro de capela de Meiquiz

5 Xul

cruceiromeiquiz2

En Rianxo temos moitos e moi variados cruceiros. Un dos máis antigos está na aldea de Meiquiz, en Leiro, e data de 1651. É dicir, que ten máis de 350 anos de historia ás súas costas. Curiosamente, foi hai non moito tempo, o 1 de maio de 2002, cando sufríu o roubo das imaxes da súa pequena capela.

Dous anos antes saía á luz un estudo de Clodio González Pérez, titulado “Cruceiros de Cápela: V. Concello de Rianxo (II)”, publicado nos Cuadernos de Estudios Gallegos (e que iremos citando en posteriores post). nese artigo, co conxunto completo, podíase ler que se erguía “nunha encrucillada do antigo camiño real, na aldea de Or”.

Polo visto os veciños comentan que a situación actual non é a orixinal, xa que “foi trasladado do primitivo emprazamento para onde se acha agora, non máis que uns metros, cando se ensanchou a verea para transformala en estrada”. Polo visto, o traslado realizouse no ano 1974 e moveuse uns 15 metros.

CRUCEIRO DE MEIQUIZ EN LEIRO RIANXO 3-05-02 FOTO ALBERTO HEVIA

Foto de Hevia. La Voz de Galicia

La Voz de Galicia daba conta do expolio que padeceu o cruceiro no 2002. Cando Armando Rubio, un veciño do lugar, denunciara que desapareceran as imaxes que completaban a capela. A garda civil e a policía estiveron investigando o caso, pero nada se soubo do tema ata o día de hoxe.

Non obstante, outro veciño do lugar fixo unha talla en madeira cunha virxe para que a capela non quedara baleira. Esta imaxe é a que se pode atopar hoxe en día en Meiquiz.

cruceiromeiquiz1

Pero dentro, como explicaba o estudoso González Pérez, había “tres imaxes, das que a primitiva debe se-la da Virxe, de feitura tradicional, coas mans dereitas en oración, coroada, con abondosas dobras na roupa. A cada lado hai unha imaxe: a da dereita (con referencia á Virxe) é a de San Xoán Bautista vestido cunha pelica de ovella que non lie cubre de todo as pernas por diante, e o caxato na man dereita. Non se trata de Santo Antonio de Padua, aínda que o digan os vecinos, por non axustarse para nada a súa
iconografía á da figura do cruceiro. A da esquerda corresponde a San Xosé, atendendo a que collido da man dereita leva un neno, que coidamos sexa o Neno Xesús, mentres que coa esquerda terma dun caxato ou vara. Estas dúas imaxes non pertence ó conxunto primitivo, senón que proceden doutro sitio”.

Grazas a este estudo, podemos consérvase unha imaxe (non en boa calidade), de como era realmente o conxunto do cruceiro de Meiquiz:

cruceiromeiquiz3

En canto á súa historia, “considérase de propiedade pública, o que nos leva a supoñer que a súa labra debeu ser pagada por tódolos veciños da aldea de Or. Xa queda dito que na columna figura o ano de 1651, data que cadra ben tamén para outros cruceiros do concello rianxeiro e para algúns situados nos lindeiros, que ou se deben ó mesmo santeiro, a discípulos seus ou a imitadores”.

Curiosamente, o cruceiro “estivo pintado, quedándolle aínda restos de policromía, en particular
dentro da capela”.

Por último, González Pérez explica que o cruceiro conta con moito “devotos, coma o manifestan as flores que lle ponen na capela ou no chan sobre os chanzos. En tempos pasados contou con farol, que desaparecen ó instalarse o alumeado público; tamén é de supoñer que tivese algún peto para recolle-las esmolas dos viandantes que pasaban por este camiño, antes moi transitado”.

Advertisements

2 Respostas to “O cruceiro de capela de Meiquiz”

  1. Helena Villar Janeiro 07/05/2015 ás 10:17 #

    Sería recomendable deixalo sen nada, aínda que non dubido da boa intención do tallista.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Como eran as imaxes da capela do cruceiro de Meiquiz antes do roubo | Fotos de Rianxo - 07/06/2015

    […] agradecer a José Luís do Pico Orjais que nos pasara esta imaxes a raíz do post sobre o cruceiro de Meiquiz. Pertencen a unha colección de fotografías realizada polo profesorado e polo alumnado do colexio […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: