Este ano o entroido vén cargadiño de fotos. Desta vez é a ANPA do Colexio Rural Agrupado Irmáns Ínsua de Rianxo quen nos facilita as imaxes da festividade. Este ano os centro a celebración tivo lugar na escola de Abuín, en Rianxo. O CRA de Rianxo abarca as escolas rurais de Cuvide, Cruceiro, Outeiro, A Capela, O Pazo, Rañó, Abuín e Quintáns.
Do porto de Leiro ata o de Rianxo, en kayak
28 AgoGrazas aos kayaks de D’Fabula Ocio, puidemos facer unha ruta moi especial polo mar. En concreto, percorremos a costa dende o porto de Leiro ata o de Rianxo ao atardecer. A verdade é que o mar che ofrece unha perspectiva da costa moi diferente e, ao tempo, moi fermosa. Isto foi parte do que vimos.
40 anos do descubrimento do casco de ouro de Leiro
4 AbrEsta semana cúmprense 40 anos dende que José María Vicente, un veciño de Leiro, atopou o famoso casco de ouro. Para celebrar este aniversario, o xoves 7 de abril terá lugar unha mesa redonda no Auditorio Municipal, ás 20 horas, onde estará o propio descubridor, o xornalista e experto Manuel Gago, a doutora e profesora da Universidade de Vigo Bea Comendador ou o Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, Roberto Pena Puentes.
Non deixes de acudir ao evento ou de ler a entrevista que lle fixemos no seu día a José María Vicente.
Os camposantos de Rianxo en Defuntos
1 NovO Día de Defuntos é unha xornada moi especial para moita xente. É un día para ir ata os cemiterios, rezar aos que xa non están e lembrar o seu recordo. Centos de rianxeiros pasaron hoxe polos diferentes camposantos da nosa localidade, que contaban cunha estampa pouco habitual, con moitas luces e flores.
O cruceiro de capela de Meiquiz
5 XulEn Rianxo temos moitos e moi variados cruceiros. Un dos máis antigos está na aldea de Meiquiz, en Leiro, e data de 1651. É dicir, que ten máis de 350 anos de historia ás súas costas. Curiosamente, foi hai non moito tempo, o 1 de maio de 2002, cando sufríu o roubo das imaxes da súa pequena capela.
As casas das cunchas rianxeiras
16 NovTodos coñecemos de seguro a capela da Illa da Toxa. A súa gran peculiaridade é que está cuberta de cunhas de vieira. Aínda que no noso concello esa solución non é habitual, si que temos algúns exemplos parecidos.
Cartel das festas de Leiro 2014
5 Out
Os días 10, 12 e 12 de outubro celébranse as festas de Leiro na honra da Virxe do Carme (xa se sabe que esta festividade se celebra ao longo de todo ano). Como gran novidade, destacamos ás 12 da noite do venres 10 o pregón a cargo do adestrador de fútbol Fernando Vázquez. Que visto o visto, máis dun o está a botar de menos no Deportivo a día de hoxe.
Un par de horiñas antes comezará na parroquia de Leiro unha gran churrascada. E xusto despois do pregón terá lugar a actuación da orquestra Atenas. Á 1.30 haberá unha queimada gratuíta e sortearse un porquiño.
O sábado 11 será na honra de Santa Bárbara (agardemos que non trone). Ás 12.00 horas celebrarase Leiro Landia, ás 12.30 haberá misa, ás 13.30 festa da escuma, ás 17.00 horas partida de fútbol sala entre solteiros e casados. Ás 22.00 horas comezara a verbena con Triunfo, Marbella e De la Cruz Show.
O domingo 12, na honra do Carme, comezará un pasarrúas ás 10 da mañá da Banda da Escola de Música de Rianxo, actuarán tamén Aires do Río Vello, ás 12.30 misa cantada e procesión, ás 14.00 horas concerto da banda e, pola noite, ás 22.00 horas, comezarán a tocar as orquestras Filadelfia e Aché.
Fotos do I Trial Concello de Rianxo: a proba dos adultos
27 SetO 21 de setembro tivo lugar nos montes de Leiro a segunda das xornadas do I Trial Concello de Rianxo. Era unha proba puntuable para o campionato galego e os maiores dérono todo, cunhas vistas e un tempo moi de agradecer. O evento foi posible grazas ao Sabadell, o Concello de Rianxo, o Toffe, talleres Milocho e moitos outros colaboradores.
I Trial Concello de Rianxo: 20 e 21 de setembro
17 SetEsta fin de semana, celébrase nos montes de Leiro o I Trial Concello de Rianxo, que ademais é puntuable para o Campionado Galego de Trial. O evento está organizado polo Club Motociclista Teo, en colaboración co Concello de Rianxo e a Federación Galega de Motociclismo, e contando co patrocinio de Sabadell Gallego, como puidemos ler na web do Concello.
Así, a proba comeza o sábado 20 de setembro ás 16.00 horas coa proba infantil. Os nenos de entre 6 e 13 anos enfrontaranse a cinco zonas. Pola súa banda, os adultos terán o seu turno o domingo 21 dende as 10 h da mañá. A proba contará con 40 pilotos, algúns deles asturianos e castelán-leoneses.
Este evento será a sétima proba das nove que o compoñen o Campionato Galego.
Programa:
Sábado, 20 de setembro, 16 a 18:30 h.: Proba infantil
Domingo, 21 de setembro, de 10 a 15:30 h.: Proba Absoluta.
Concerto e inchables en Isorna
27 Abr
Este xoves, 1 de maio, en Isorna, haberá un concerto da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo. Realizarase no Souto de Isorna e, dende as 16.00h haberá inchables, xogos e obradoiros. No evento, no que colabora o Toffe, poderase desfrutar do concerto a partir das 18.00h