Comezan as festas de Asados. O venres 11, o sábado 12 e o domingo 13 os rianxeiros temos unha cita para desfrutar e pasalo ben na parroquia de Asados coa súa gran verbena e actividades. En palabras da Comisión de Festas, a programación “segue a liña marcada do ano pasado, actividades para todas idades e non só verbena pois temos que desfrutar durante o día e a noite!
Festas de Leiro 2015
7 OutEsta fin de semana, o 8, 9 e 10 de outubro, son das festas da parroquia de Leiro. E coo cada ano, o cartel é de luxo, xa que traen grandísimas orquestras. Así, entre as actuacións destacan Filadelfia, Pontevedra, Metrópolis, Fania Blanco Show, Claxxon e Aché.
Non deixedes de ir, que agora que rematou o verán todo semella máis triste, pero para iso están as festas de Leiro, para animarnos 😉
Festival Antrospinos 2015
20 XulEste ano celébrase a oitava edición do Festival Antrospinos. E como eles mesmos indican, nesta ocasión “volvemos ás raíces”, polo que “o Antrospinos orixinal renace en formato romaría e con concertos en familia”. Por esa razón animan a todo o mundo a “brindar polos vellos tempos”.
A festa comezará o venres, no Curral do Marqués de Taragoña. E seguirá o sábado 25 de xullo en Campo Maneiro. Ademais da tradicional matraquillada despois de comer, contarán pola noite con varios grupos e DJ.
Cartel das festas de Leiro 2014
5 Out
Os días 10, 12 e 12 de outubro celébranse as festas de Leiro na honra da Virxe do Carme (xa se sabe que esta festividade se celebra ao longo de todo ano). Como gran novidade, destacamos ás 12 da noite do venres 10 o pregón a cargo do adestrador de fútbol Fernando Vázquez. Que visto o visto, máis dun o está a botar de menos no Deportivo a día de hoxe.
Un par de horiñas antes comezará na parroquia de Leiro unha gran churrascada. E xusto despois do pregón terá lugar a actuación da orquestra Atenas. Á 1.30 haberá unha queimada gratuíta e sortearse un porquiño.
O sábado 11 será na honra de Santa Bárbara (agardemos que non trone). Ás 12.00 horas celebrarase Leiro Landia, ás 12.30 haberá misa, ás 13.30 festa da escuma, ás 17.00 horas partida de fútbol sala entre solteiros e casados. Ás 22.00 horas comezara a verbena con Triunfo, Marbella e De la Cruz Show.
O domingo 12, na honra do Carme, comezará un pasarrúas ás 10 da mañá da Banda da Escola de Música de Rianxo, actuarán tamén Aires do Río Vello, ás 12.30 misa cantada e procesión, ás 14.00 horas concerto da banda e, pola noite, ás 22.00 horas, comezarán a tocar as orquestras Filadelfia e Aché.
Cartel das festas de Asados 2014
7 AgoDeixamos hoxe o cartel das festas de verán de Asados. Son esta vindeira fin de semana, do 8 ó 10 de agosto e estarán adicadas o venres a San Roque, o sábado ó Carme e o Domingo a Santa Ana.
Entre os grupos musicais teremos ao grupo De la Cruz Show (vellos coñecidos da romaría de San Pedro de Vilas), a orquestra Acordes Son de Swin e a disco móbil Troula. O venres e o sábado tamén haberá grupos de gaitas e o grupo Vai de Roda. O domingo pola tarde haberá unha festa da escuma e hinchables para @s máis cativ@s.
Brazos fortes para botar unha man
24 XulGrazas a Bea, hoxe colgamos esta simpática imaxe que podedes atopar nunha farmacia-óptica de Rianxo (de seguro que sabedes cal é). O caso é que para acceder hai que subir unhas escaleiras incómodas, é dicir, non é un sitio adaptado para todos os públicos. Pero como ao final non falta boa vontade e imaxinación, á xente maior ofrécenlle “unha man amiga para subir con tino”. Mentres, as “mamás activas” teñen á súa disposición uns “brazos fortes” para subir o carriño dos bebés 🙂
Malestar en Asados por un cartel
11 AbrPor segundo ano consecutivo, a Comisión de Festas da Romaría de San Pedro de Vilas, organiza un partido de solteiras contra casadas e outro de solteiros contra casados. A idea é darlle publicidade, e anunciar o evento de forma simpática e divertida, para que teña a maior repercusión posible e acuda moita xente. Non obstante, o cartel deste ano non gustou a algunhas nais do colexio de Asados.