Tag Archives: 2014

Cartel das festas de Leiro 2014

5 Out

festasleiro

 

Os días 10, 12 e 12 de outubro celébranse as festas de Leiro na honra da Virxe do Carme (xa se sabe que esta festividade se celebra ao longo de todo  ano). Como gran novidade, destacamos ás 12 da noite do venres 10 o pregón a cargo do adestrador de fútbol Fernando Vázquez. Que visto o visto, máis dun o está a botar de menos no Deportivo a día de hoxe.

Un par de horiñas antes comezará na parroquia de Leiro unha gran churrascada. E xusto despois do pregón terá lugar a actuación da orquestra Atenas. Á 1.30 haberá unha queimada gratuíta e sortearse un porquiño.

O sábado 11 será na honra de Santa Bárbara (agardemos que non trone). Ás 12.00 horas celebrarase Leiro Landia, ás 12.30 haberá misa, ás 13.30 festa da escuma, ás 17.00 horas partida de fútbol sala entre solteiros e casados. Ás 22.00 horas comezara a verbena con Triunfo, Marbella e De la Cruz Show.

O domingo 12, na honra do Carme, comezará un pasarrúas ás 10 da mañá da Banda da Escola de Música de Rianxo, actuarán tamén Aires do Río Vello, ás 12.30 misa cantada e procesión, ás 14.00 horas concerto da banda e, pola noite, ás 22.00 horas, comezarán a tocar as orquestras Filadelfia e Aché.

Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o feirón mariñeiro

26 Set

feiron trial 002

Este ano, o feirón mariñeiro foi o domingo. E o ambiente foi inmellorable. O sol e as ganas de festa fixeron que todo Rianxo saíse a celebralo.

Seguir lendo

Festa do Mexilón de Rianxo 2014

9 Ago

Este sábado e domingo, 9 e 10 de agosto, celébrase a Festa do Mexillón de Rianxo, que chega á súa quinta edición. Conta coa colaboración do Clube de Remo de Rianxo, da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, da Xunta e do Concello, entre outros.

Hoxe, a partir das 20.00 horas, haberá degustación no Campo de Arriba. E mañá haberá unha andaina, para a cal se hai que apuntar nesta web, ademais de música e xantar a partir das 11.30 horas.

A Noitevella na que se volveu a saír en Rianxo

1 Xan

Cada fin de ano, cando a xente de Rianxo quería saír para desfrutar do paso da Noitevella ao Aninovo, realmente non se quedaba no Concello porque non había moitas opcións. Ou ben quedabas na casa, cun grupo de amigos ou ías tomar algo a algún dos poucos locais que abrían. Así que a maior parte dos rianxeiros (entre os que me inclúo), tiraban para o concello veciño de Boiro ou ben ata Pontecesures en busca de marcha.

finano2

Seguir lendo