O domingo tivo lugar un dos actos máis importantes da Guadalupe: a misa no Campo de Arriba, que este ano contou co arcebispo de Santiago, Julián Barrio, ao tempo que co arcebispo de Tánxer, Santiago Agrelo. Ademais, unhas 200 persoas doutros sitios de España, que viñan polo V Encontro de Santuarios, confrarías e Irmandades de NS de Guadalupe formaron parte do acto.
Tag Archives: campo de arriba
Festa do Mexilón de Rianxo 2014
9 AgoEste sábado e domingo, 9 e 10 de agosto, celébrase a Festa do Mexillón de Rianxo, que chega á súa quinta edición. Conta coa colaboración do Clube de Remo de Rianxo, da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, da Xunta e do Concello, entre outros.
Hoxe, a partir das 20.00 horas, haberá degustación no Campo de Arriba. E mañá haberá unha andaina, para a cal se hai que apuntar nesta web, ademais de música e xantar a partir das 11.30 horas.