A semana pasada inaugurábase no alto do Pico Muralla un mirador que medios como a Cope chegaron a definir como “un dos mellores de todo o Noroeste da Península”. Encravado entre Lousame e Rianxo, buscaba converterse nun referente turístico dentro do Barbanza, como tamén o é o mirador da Curota.
Murais de Viladomar Rianxo 2019
13 Set
Por segundo ano consecutivo, a asociación Ondiñas Maiñas puxo en marcha a iniciativa Viladomar Rianxo – Máis alá dos muros. De que se trata? Pois de levar a arte preto das nosas casas. De converter os muros nun lenzo para que diferentes artistas nos acheguen historias, cores e beleza. O resultado é espectacular.
Viladomar Rianxo 2019: 5 novos muros convertidos en arte
5 SetDo 6 ao 13 de setembro teremos a enorme fortuna de desfrutar de Viladomar Rianxo. Máis alá dos muros. Nesta ocasión serán 5 artistas que pintarán en Rianxo, no Araño e en Isorna.
Fotos das festas da Virxe dos Milagres do Araño 2019
5 AgoAntes de nada, darlle a noraboa á comisión de festas do Araño, que fixo un traballo marabilloso durante todo o ano para que os veciños do Araño tivésemos tres días de celebracións. A nosa felicitación!
A todas as Elvinas
7 SetHai imaxes e momentos que veñen de xeito recorrente á miña mente. Un deles é a man dereita da miña veciña Elvina agarrada a unha vella parra. É un mes de xullo e a sombra da viña non mingua a calor da tarde. Con 88 anos, encurvada, vestida de loito e apoiado o ombreiro esquerdo sobre o mango do sacho, deixa a mirada perdida.
O First Dates á Jaleja, celébrase no Araño
15 FebEsta é sen dúbida a semana do amor. Acabamos de celebrar San Valentín, o día por excelencia dos namorados. E se en Cuatro tiveron un especial First Dates para conmemorar esta data, en Rianxo teremos o “First Dates á Jaleja”. En concreto o sábado 17 de febreiro pola noite.
Toda a axenda de actividades no entroido 2018 en Rianxo, Taragoña e O Araño
7 FebO entroido comeza en Rianxo o día 9 de febreiro cunha festa organizada pola Comisión de Juadalupeñas na praza de Castelao. Pero hai moito máis.
Fotos, vídeos e crónica da VI BTT e Andaina Concello de Rianxo
5 FebUn ano máis, as pistas da nosa localidade enchéronse de deportistas con ganas de pasalo ben. Eran os participantes da VI BTT e Andaina Concello de Rianxo, organizada polo clube Castro Barbudo, coa colaboración do Concello. Estaban apuntados nin máis nin menos que 864 participantes (206 na andaina e 658 na proba de bicicleta de montaña).
Magosto no Araño 2017
5 NovUn ano máis a Asociación de Veciños do Araño celebrou o magosto no Centro Sociocultural da Capela. Había comida a fartar. De feito, os 40 quilos de castañas sobraron e iso que ninguén se quedou con fame.