O entroido comeza en Rianxo o día 9 de febreiro cunha festa organizada pola Comisión de Juadalupeñas na praza de Castelao. Pero hai moito máis.
Si, porque o sábado a Asociación Ondiñas Maiñas organiza un desfile de disfraces feitos na casa. Será pola tarde, no Campo de Arriba. Podes inscribirte no seu Facebook ou no teléfono indicado no cartel.
O sábado 10, ademais das actividades de Rianxo (con monicreques, orellas e Cé Orquestra Pantasma), a Asociación de Veciños do Araño tamén celebra a súa festa de entroido.
Terá filleira traballando arreo toda a tarde, música tradiciona, inchables e concurso de disfraces con premios.
O domingo 11 haberá concurso de carrozas en Rianxo, con varios premios. O principal é nin máis nin menos que de 700 eurazos! O prazo de inscrición remata o día 9 ás 14.00 horas.
Ese mesmo día haberá música na rúa, xogos tradicionais e contarase coa animación de Román Castaño e de Duarte Galbán.
O luns 11 haberá deporte choqueiro no pavillón, o martes circo de entroido, pasarrúas e actividades para nenos e o mércores, ademais de circo de entroido, tamén se enterrará o toribiño.
Falta en todo caso un dos pratos gordos, o desfile de carrozas de Taragoña. Será o sábado 17, haberá tamén inchables para cativos e cando remate a Asociación Antrospinos celebrará o seu tradicional concurso de imitación “Bituin the tris”.
Deixar unha resposta