Xa esta aquí Don Carnal. Ou para que todos nos entendamos, xa chegou o entroido. Unha data para festexar e saír á rúa disfrazados.
Un ano máis no colexio Ana María Diéguez fixeron un traballo estupendo tanto os cativos como os profesores no que a indumentaria carnavalesca se refire.
De feito, hoxe puidemos desfrutar polas rúas de Asados un desfile no que mestres e alumnos amosaban á parroquia o traballo de semanas.
Como se pode comprobar, de novo as cores e a imaxinación foron as protagonistas.
Deixar unha resposta