Os cativos do colexio Castelao desfilaron este venres previo ao carnaval para presumir de disfraces e de imaxinación. Dende logo que non faltou. O tema estaba centrado en cousas moi rianxeiras: nos nosos escritores, no mar e nos seus produtos e tamén na festa (si, pensades ben).
Estes cangrexiños non sabemos se son nécoras ou “peludos”, pero dende logo son ben riquiños, ou non?
Velaquí aos traballores do sector conserveiro. Como o mar se transforma nun sector produtivo no que cada día miles de persoas traballan.
Para min estes cativos e os seus mestres foron uns cracks. Levaron nin máis nin menos que a Guadalupe ao entroido. Imaxinación ao poder. Que non se diga que non lles falta enxeño.
Deixar unha resposta