Alguén sabería dicir en que sitio do Concello de Rianxo se atopa esta imaxe? O único que podemos dicir é que está na fachada dunha casa particular.
Escultura na honra de Manoel Antonio
11 XulOutro dos grandes literatos foi Manoel Antonio, o chamado poeta do mar. Nacido en Rianxo, o certo é que a súa obra non foi moi prolífica, porque morreu de noviño na parroquia rianxeira de Asados, con 29 anos, a causa dunha enfermidade. Unha das súas obras máis famosas foi De catro a catro, con eses grandes versos por todos coñecidos “Fomos ficando sós, o mar, o barco e mais nós”.

Busto de Manoel Antonio, o poeta do mar, en Rianxo
O Auditorio de Rianxo
26 MaiHoxe déixovos aquí unha imaxe do auditorio de Rianxo, ese edificio que tardou case tres anos en inaugurarse, que semella moi ben que non sabe que facerse con el, que vai acollendo algún que outro acto e que agora tamén alberga a biblioteca municipal.
Póñovos esta vista porque me encanta esta estatua, da que algún día vos porei un primeiro plano, adicada ás xentes do mar. Tamén podedes ver na imaxe o parque de Europa, con algunha das súas fontes.
A Rianxeira
9 MarNon, este post non é para falar desa coñecida marca de atún, senón do monumento á muller rianxeira. Como sabedes, Rianxo é porto pesqueiro. E aínda que de coller os peixes se adoitan encargar os homes, a tarfa de vendelos recae nas mulleres. Así que aquí o monumento á muller rianxeira, coa súa patela na cabeza cargadiña de xoubas (as máis ricas da ría de Arousa).