Tiñamos pendente publicar os vídeos da Rianxeira popular, que como todos os anos se toca durante o feirón mariñeiro.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o último día
22 SetO último día concentrouse todo en Rianxo: fogos de artificio, o Rianxo on fire, as bengalas e moita festa. Velaquí un pequeno resumo de todo.
Faleceu Andrés Lojo
8 NovOnte, a través de Marta, de La Voz de Galicia, coñecemos a notica de que Andrés Lojo (1926) falecera. Para quen non o coñeza, Andrés formara parte do Coro Castelao de Bos Aires, que gravou a peza orixinal da Rianxeira, “Ondiñas da nosa ría”, escrita por Romero e Pinziñas. Aínda que naceu en Rianxo, emigrou á Arxentina, onde estaban os seus pais. El mesmo foi quen mandou o disco dende alá, a través dun barco inglés, para que soase por primeira vez na terra no Feliciano.
O pobo de Rianxo cantando no feirón mariñeiro
22 SetUn dos momentos máis fermosos do feirón mariñeiro tivo lugar ás 8 da tarde na praza da Igrexa. Alí xuntouse boa parte do pobo de Rianxo para cantar unidos a unha voz a “Rianxeira”:
Como a xente pedía máis, os músicos animáronse e cantaron tamén “Rianxo, pájaro pinto”:
Programa e cartel das festas da Guadalupe 2014
20 AgoXa está completiño o cartel das festas da Guadalupe 2014. Abaixo indicamos os grupos que veñen, pero na web da Comisión de Festas podedes descargar o programa completo.
- Venres, 12 de setembro: Chupitaso con The Karavan
- Sábado, 13 de setembro (Rock in Rian): Mosaico e Xacobeo
- Domingo, 14 de setembro (procesión marítima): La Oca e Pontevedra. Na procesión estarán a banda de gaitas Buxaina e a de Forcarei
- Luns, 15 de setembro (Juadalupeñas): Abanico e Gran Parada
- Martes, 16 de setembro (día de Padrón): Palladium e Aché
- Mércores, 17 de setembro: Televisión do Nordés e Marbella.
- Xoves, 18 de setembro (feirón mariñeiro): Jerusalem e El Combo Dominicano
- Venres, 19 de setembro (último día): Cinema, Ciclón e Charleston Big Band
Vese que despois do problema que houbo o ano pasado con Espectáculos Lito, polo cal non deixaban traer á Gran Parada porque había orquestras doutros promotores (o cal non foi unha excepción), este ano volveron contar coa empresa de Caldas de Reis.
O sábado 13 de setembro celebrarase tamén o Rock in Rian, organizado pola Comisión de Juadalupeñas. Estarán Medomedá, Forraje e Dios ke te crew e Ruxe Ruxe. Case nada:
E velaquí tedes o cartel do Rianxo on fire:
Quedada para ganchillar
30 XulO pasado 25 de xullo, tivo lugar a I Quedada para ganchillar. A idea, de Pepa Martinez Vicente, consistía, desta vez en confeccionar un chal para a estatua da rianxeira, que está na praza de Padrón, coméntanos Pepa que esta será a primeira de outras quedadas, pois xa andan a bulirlle pola cabeza outros proxectos creativos…
Á iniciativa sumouse tamén o colectivo Entreagullas, a ONG Implicadas no Desenvolvemento, e a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS).
A canción da Rianxeira a ritmo cubano
11 MaiInterpretación da artista Yamila Purofilin da nosa Rianxeira. A fusión non puido dar mellor resultado:
Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2009
24 SetDespois de tantas fotos, decidín facer unha entrada resumo para que poidades acceder dende aquí as fotos que vos interesen. Clicade na imaxe e xa iredes ás fotos correspondentes.
Se alguén está interesado nalgunha foto ou sae nalgunha imaxe e quere que a elimine do blog, por favor, poñédevos en contacto comigo no correo que poderedes atopar na pestana de “Info”.
A Rianxeira
9 MarNon, este post non é para falar desa coñecida marca de atún, senón do monumento á muller rianxeira. Como sabedes, Rianxo é porto pesqueiro. E aínda que de coller os peixes se adoitan encargar os homes, a tarfa de vendelos recae nas mulleres. Así que aquí o monumento á muller rianxeira, coa súa patela na cabeza cargadiña de xoubas (as máis ricas da ría de Arousa).