Todo o bo se acaba. Por iso a noite máis festeira e máis triste do ano, chegou á Guadalupe. O momento no que miles de gorxas cantamos a Rianxeira. E a noite na que despedimos as festas.
Tag Archives: bengalas
Fotos do último día das festas da Guadalupe de Rianxo e vídeo da Rianxeira
15 SetComo quen non quere a cousa, pasaron os oito días das festas da Guadalupe de Rianxo. Chegou o venres, o agardado día que para moitos supón o final do verán, un momento para celebrar e tamén para sentir nostalxia do que se vai co verán. Pero tamén unha xornada na que a celebración da Guadalupe acaba por todo o alto, cantando A Rianxeira con bengalas ás 2 da madrugada na praza de Castelao.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o último día
22 SetO último día concentrouse todo en Rianxo: fogos de artificio, o Rianxo on fire, as bengalas e moita festa. Velaquí un pequeno resumo de todo.