Tag Archives: fotografías

Fotos da cabalgata dos Reis Magos en Rianxo 2019

5 Xan

cabalgata-rianxo-2019 (1)

As nenas e os nenos de Rianxo viviron hoxe o comezo dunha xornada máxica. Os Reis Magos chegaron ata a vila para saudar aos centos de cativos que os agardaban nerviosos despois de portarse ben todo o ano.

Seguir lendo

Advertisements

Fotos da voda de Eva Iglesias, colaboradora do Land Rober da TVG

18 Mar

Aínda que habitualmente non tratamos eventos sociais neste blog, a verdade é que hoxe en Rianxo non se falaba doutra cousa que non fora a voda de Eva Iglesias, a coñecida colaboradora do Land Rober. E xa era máis que coñecida por todos polo seu traballo en varias orquestras (Abanico, Cinema e Marbella) e que na pequena pantalla tamén actou na serie “Augasquentes”. Antes foi a gañadora de “Canteira de Cantareiros” no Luar.

Seguir lendo

Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o feirón mariñeiro

23 Set

feiron 1 001

Un dos días máis esperados por todos os rianxeiros nas festas da Guadalupe é o feirón mariñeiro. Semella que leva toda a vida celebránse, pero van 12 edicións deste popular evento que reúne a todos os veciños polas rúas da vila, comentando, cantando, bailando, comprando e desfrutando do día.

Seguir lendo

Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o último día

22 Set

Guadalupe 2015 bengalas 004

O último día concentrouse todo en Rianxo: fogos de artificio, o Rianxo on fire, as bengalas e moita festa. Velaquí un pequeno resumo de todo.

Seguir lendo

Fotos das Festas da Guadalupe 2015: a festa da escuma

21 Set

Escuma (1)

As imaxes da festa da escuma o venres da Guadalupe en Rianxo.

Seguir lendo

Fotos das Festas da Guadalupe 2015: Rianxolandia

19 Set

Rianxolandia2015 (1)

Como cada venres de Guadalupe, os máis pequechos puideron gozar durante todo o día de actividades, xogos e inchables gratuítos. Nesta ocasión a actividade concentrouse precisamente na praza da Guadalupe.

Seguir lendo

Fotos das festas da Guadalupe 2015: o día das Juadalupeñas

14 Set

Guadalupe 2015 Juadalupeñas 001

Un dos mellores día das Guadalupe, sen dúbida, é o das Juadalupeñas, onde as novas xeracións de rianxeiros se unen para desfrutar botando unha risas durante todo o día. Durante os xogos juadalupeiros que se fan pola mañá estivo un equipo de Vaia Troula da TVG, así que este domingo todos a ver a Galega 😉

Darlle a noraboa á Comisión polos novos xogos deste ano, xa que o curling humano e o rebenta-cús fixeron rir aos centos de persoas que estabamos alí, e sempre é de agradecer que se vaian renovando para ben as probas.

Seguir lendo