Fotos da Guadalupe 2015: o chupitaso

12 Set

IMG_9603

A pesar das previsións de chuvia para este venres en Rianxo, na praza de Castelao o único que choveron foron litros e litros de alcol. Nada máis entrar no Campo xa chegaba o olor a viño tinto. As peñas ían inundando o lugar, con ganas de dar comezo a unha das festas máis importantes de Galicia. É o caso de Perdoa… estaba borracho, que cada ano nos sorprenden e diverten coa súa idumentaria e posta en escea.


IMG_9606 IMG_9611 IMG_9621

Outro elemento que abundaba na praza eran as pistolas de auga. Agás que en lugar de auga ían cargadas con viño.
IMG_9622 IMG_9624

Uns minutos antes da hora máxica, ás 00.00h da noite, no balcón do Concello aparecía Gafas e sinalaba á outra punta da praza. Arriba dun edificio, alí onde chegaba unha corda, estaba Pallaso.

IMG_9625

Despois de facer ademán de saltar, lanzaron un boneco Pallaso para que chegase ao Concello. IMG_9626 IMG_9627

O malo foi que non pasou do medio do Campo. Pallaso non deu chegado ao Concello, como estaba previsto, e sobrevoaba as cabezas das peñas: IMG_9628

Pero como a maxia existe e en Gafas e Pallaso todo é posible, apareceu de súpeto no balcón da casa consistorial para darlle a benvida á Guadalupe: IMG_9633

Os dous protagonistas da webserie galega máis irreverente cantaron e foron nomeando unha a unha a todas as juadalupeñas: IMG_9634

A partir de aí desatouse a tolemia colectiva en Rianxo. Aquilo semellaba a festa da auga, só que con máis graos etílicos polo medio:

IMG_9639 IMG_9640 IMG_9641

bastos2

IMG_9643 IMG_9646 IMG_9647

Polo chan da praza corrían (de forma literal) regos de Don Simón:
IMG_9650

Había quen traía tamén pequenas sulfatadoras: IMG_9651 IMG_9653

E incluso bidóns grandes de auga para mollar máis a conciencia:

IMG_9658

Os carriños do supermercado eran un medio de transporte máis:

IMG_9660 IMG_9662

A xente bailando e dándoo todo diante dos DJs: IMG_9665 IMG_9666 IMG_9667 IMG_9668 IMG_9670

Mesmos houbo quen levou unha corda e aproveitou para volver á infancia e saltar: IMG_9672 IMG_9679 IMG_9681 IMG_9684 IMG_9686 IMG_9689 IMG_9690 IMG_9691 IMG_9693

Unha resposta a “Fotos da Guadalupe 2015: o chupitaso”

Trackbacks/Pingbacks

  1. 150.000 visitas durante o 2015 | Fotos de Rianxo - 01/03/2016

    […] Fotos da Guadalupe 2015: o chupitaso: 2.968 visitas […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: