Como esta previsto, a primeira hora desta mañá o curso escolar non comezou para as nenas e nenos de Asados. Pola contra, foron os pais os que acudiron ás portadas do centro para reinvidicar o que lles corresponde por lei, un mestre mestre especialista en Audición e Linguaxe para que os cativos estean ben atendidos. Ao tempo, tampouco se dota dun mestre de apoio como correspondería ao novo número de unidades de infantil.
Agradecemos de novo á ANPA Fonte da Revolta que nos manteña informados e tamén que nos enviase as fotografías da concentración que tivo lugar esta mañá.
Como se pode apreciar nas imaxes, os pais e nais están máis que unidos nesta reinvidicación na que buscan a mellor educación para os seus rapaces, pedindo nin máis nin menos que o que establece a lei.
Deixar unha resposta